|
Deteñen a un veciño de Camariñas con 60 dosis de heroína |
Correo-e
|
|
viernes, 03 de julio do 2009 |
|

Continúan os golpes ao narcotráfico na Costa. Se a semana pasada, vun par de "camellos" eran sorprendidos nun dos centros máis coñecidos do tráfico de drogas da zona, o bar fisterrán O Canario, hoxe, un veciño de Camariñas era detido pola Garda Civil de Camariñas. O susposto autor do delito contra a súde pública, de 52 anos, foi sorprendido con 60 dose de heroína que levaba a bordo dun turismo cando transitaba pola Rúa Tras Hortas da vila camariñá. Tras un exhaustivo rexistro do coche no que viaxaba o agora imputado, os gardas lograron intervir a droga, que estaba camuflada nun tubo de cor negra e en cuxo interior atopábase unha bolsita de plástico coas doses referidas. As dilixencias e o detido foron postos a disposición do Xulgado de Garda de Carballo. Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa da Garda Civil.
|