|

Cabana de Bergantiños inicia o primeiro fin de semana cultural do mes de xullo cunha camiñada saudable e teatro infantil. A primeira fin de semana do mes de xullo en Cabana de Bergantiños virá cargada culturalmente por partida dobre. Así, o arranque será coa camiñada saudable que terá lugar o venres 3 desde a praia da Urixeira e percorrerá toda a senda do Anllóns. Á parte da faceta deportiva desta camiñada, ós asistentes achegaráselle información de todos os valores medioambientais e patrimoniais do fermoso entorno polo que transcorre o percorrido. Esta actividade está coorganizada con proxecto Concellos Saudables. Ademais, mañá coñeceremos a primeira ruta homologada no concello de Cabana. Teatro A segunda aposta será a saída de dous grupos da Escola Municipal de Teatro o domingo día 5. Un elenco de 15 actores e actrices cabaneses reprsentarán na Campara dúas obras teatrais. Pérez, o rato, será levada ás taboas por Uxía Pastoriza Lema, Laura García Eiroa, Eloy Mato Rial, Manuel Romero Suárez, Rubén Reigía Martínez, Antía e Julio Santos Ramos. Por outra banda, a obra A xuntanza dos ratos será representada por Brais e Uxía Santos Seoane, Gimena Lema Collazo, Tania Amado Pose, Uxía Pérez García, Yolanda Rama Cousillas, Laura Souto Mouzo e Sabela Lema Rodríguez. Por último, informamos que aínda continúa aberto o prazo de inscrición para anotarse nos obradoiros de teatro e informática que se realizan na Casa da Cultura durante o verán. Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa do Concello de Cabana.
- Fotografía do Esteiro do Anllóns dende o Mirador do Monte Branco, de Marcos García Patiño.
|