|
A semana pasada o concello de Dumbría facía público o seu novo proxecto deportivo integral. Un proxecto que vai dende a base, coidando non só aos pequenos, senon tamén aos pais, e que inclúe diferentes disciplinas. O fútbol será unha delas, e comezará dende os pequeniños ata o primeiro equipo, intentando crear sinerxias entre todos os equipos. E para demostrar o interese do concello dumbriés no fútbol base, o concello organiza o I Torneo de Fútbol Base de Dumbría, nas categorías benxamín e alevín en modalidade de Fútbol-7. Un torneo que de seguro se convirte en referente na Costa, e que vai ter lugar en Dumbría o vindeiro 4 de xullo. Aquí vemos os emparellamentos en ambas cateorías, no que seguro que vai ser unha festa do fútbol base costeiro. Torneo en Cee Ademais, esta fin de semana tamén se desenvolverá o torneo de Cee. O pasado mércores 1 tivo lugar no Pavillón Municipal de Cee o sorteo para confeccionar os horarios e emparellamento de TORNEO DE FÚTBOL SALA INFANTIL CONCELLO DE CEE VERÁN 2009 que celebrará ou sábado 4 de xullo. - Torneo que comezará ás 10.00 da mañá e estímase que finalizará sobre as 22.30 horas.
- Competirán uns 300 nenos/as dá comarca nas categorías: prebenjamín, benjamín, alevín e infantil.
- Entidades participantes: EDM Fútbol Salga Cee, Concello de Fisterra, "As Baleas" Camariñas, Foto Fuentes (Cee-Corcubión-Carballo), Decoracións Andrés (Cee), etc.
Cada participante/deportista recibirá unha camiseta conmemorativa, un picnic (comida-merenda) así como a correspondente entrega de trofeos. Novas relacionadas Fonte - Notas de prensa dos Departamento de Deportes dos Concellos de Dumbría e Cee.
|