|

Continúa reforzándose o proxecto do Dumbría. Trala fichaxe de Nico e César confirmada esta mesma semana, o equipo de Floreal presenta outras dúas novas fichaxes, os xogadores Aarón e Adrián. O fisterrán Adrián López López, máis coñecido como “Makaay” (13-2-88) pasou este ano polo Montañeros e polo Laracha, e ten pasado polo Conxo, Compostela, Calasanz (neste tempo conseguíu un ascenso, un pichichi nacional e fixo unha proba co Villarreal), Fisterra e Betanzos. Pola súa parte Aaron é o fillo do, ata esta tempada, adestrador do Fisterra, Ángel López, e ao tempo, sobriño de José López, o novo director deportivo do proxecto integral do Dumbría de cara a vindeira tempada. Aaron pasou polo Conxo, Calasanz (onde acadou un ascenso), Fisterra, Betanzos e Laracha. Novas relacionadas Fonte - Fotografía cedida polo Dumbría, da man de Manolo López.
|