Luns, 15 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Os peregrinos comezan a tomar a Costa  Correo-e
viernes, 03 de julio do 2009

Image

A Asociación de Promotores do Turismo da Costa da Morte (APTCM), vén de amosar os resultados dos estudios realizado ao longo do mes de xuño sobre os visitantes na Costa da Morte. E o fai a través dos datos recollidos por Martina Leis na pola oficina de Turismo de Corcubión, situada no Cárcere Vello de Corcubión, que aínda acolle a exposición sobre o Pobo Gumuz de Etiopía.

Ademais, como aseguran dende APTCM, comeza a facerse notable o numero de persoas que recorren o Camiño de Santiago. Así o vimos esta semana no mesmo Cabo Fisterra, que con tanta "tradición" está bastante sucio. A chegada dos peregrinos tradúcese nun notable aumento nas cifras do turismo estranxeiro, pese ás ultimas tendencias turísticas mundiais.

Con todo, e a menos de 6 meses para que comece o Xacobeo 2010, a estrada que sobe dende Fisterra ata o Cabo segue sen ter o seu espazo para viandantes, algo verdadeiramente incomprensible.

Máis visitantes e máis noites

Así, ao longo do mes, pasaron por esta oficina un total de 535 visitantes, observándose un incremento respecto do mesmo período do ano anterior. Asemade, houbo un lixeiro ascenso no número de pernoitas, pasando das 533 pernoitas do mes de xuño de 2008 ás 711 do mesmo mes no presente ano.

Turismo interno

O turismo interno resultou ser o dominante, pois constituíu o 67% das visitas, conformando os visitantes nacionais o 62%, e os galegos/as o 5%, datos que amosan un notable incremento dos primeiros e un descenso dos segundos en comparación co mes de maio. Nesta ocasión as/os visitantes estranxeiros supuxeron unha porcentaxe importante co 33% das visitas, disminuindo nun 4% respecto do mes anterior.

Madrileños e cataláns

A comunidade que máis nos visitou foi Madrid cun 38% das visitas, o cal supuxo un forte aumento das visitas desta comunidade con respecto ao mes de maio, no que a porcentaxe foi dun 5%. A Madrid seguiulle de novo Cataluña, desta vez cun leve ascenso, pasando dun 15% de visitantes no mes de maio a un 18% en xuño.

Un dato destacable é o forte descenso no número de visitantes de Castela e León, que pasou do 63% no mes anterior o 10% en xuño. A estas comunidades seguíronlle as Illas Canarias, País Vasco e Andalucía, cun 9%, 8% e 7% respectivamente, as 3 en lixeiro ascenso.

Perfil do visitante

O perfil estivo integrado na súa maioría por grupos e grupos de amigos (44%), parellas (37%) e familias (12%) e un 7% emprendeu a súa viaxe de xeito individual. Pódese observar con estes datos un descenso importante dos grupos e grupos de amigos nun 35% e, pola contra, un incremento dun 23% nas parellas, dun 7% nas familias e dun 5% dos que viaxan de xeito individual.

No tocante ás idades, destacaron as persoas con idades comprendidas entre os 25 e 60 anos no 97% (un 20% máis que no mes anterior) e seguidas dos maiores de 60 anos no 3% (un 9% menos que en maio). Destaca o descenso do número de mozos, que no mes de maio foi do 11%, mentres que en xuño non se rexistrou ningunha visita.

Estancia media

A estancia media foi moi inferior á semana aloxándose o 53% das persoas en hoteis e residencias turísticas, o 16% en turismo rural e o 24% en albergue, mentres que o restante 3% aloxáronse en apartamentos.

Motivos

En xeral, a motivación principal do paso pola Costa da Morte foi a visita a toda a zona por motivos de lecer. As demandas de información máis habituais adoitan centrarse na gastronomía, o Camiño de Santiago, os roteiros de sendeirismo e a natureza.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Presidente de APTCM, Manuel L. Pan.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com