Martes, 16 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Os Irmandiños traen os seus pinchos aos bares de Vimianzo  Correo-e
viernes, 03 de julio do 2009

Dende hoxe mesmo, xa hai desculpa para visitar Vimianzo. Desde hoxe e ata o domingo, coincidindo co XIV Asalto ao Castelo, o sector hostaleiro organiza as II Xornadas do Pincho Irmandiño.

As xornadas complétanse coa proxección de cine, ás 20:30h na Casa de Cultura, e dentro das Xornadas de Patrimonio Cultural. A proxección será "O Neixón, Historia Viva dun Castro"

II Xornadas do Pincho Irmandiño

Image 

Estas xornadas distan moito dos típicos concursos de tapas xa que teñen coma únicos ingredientes, produtos que había en Galicia na Idade Media, é dicir, antes do descubremento de America. Estes serán os participantes das xornadas e as súas propostas (non perdades os nomes...):

  • CELME CAFÉ: O Desexo de Xoana de Castro (Chourizo Criollo sobre base de pan de broa con salsa de verduras)
  • CAFÉ D´LO: O Potaxe da Revolta (Guiso de porco con verduras)
  • CHEERS: Chipirons Irmandiños (Chipirons con salsa de gambas)
  • QUILMES:
    - A Raxada dos Altamira (Raxo con setas)
    - Os Riñons dos Moscosos (Riñons encebolados con setas)
  • CASA SABINA:
    - O tesouro de Alonso de Fonseca (Filloa rechea de porco celta con mollo de pemento)
    - O guiso dos Herdeiros de Traba (guiso de polo con setas)
  • O CASTILLO:
    - Filloa do conde de Altamira (Filloa rechea de afumados)
    - Roliño do Marques de Almeiras (Porco recheo de xamón serrano e quiexo)
  • VIA RAPIDA:
    - Pernada do Señor Feudal (Prenil de porco de Carantoña, pementos de Fumiñeo e mollo de cogumelosde Covaladrons)
    - Ambrosia da Serea Mariña (Cazola de fideos con berberechos de Xaviña e mexillons das Lobeiras con gambas de ultramar)

Bases

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com