|
A praia de Nemiña recibirá outra xornada de limpeza |
Correo-e
|
|
viernes, 03 de julio do 2009 |
|

Se hai unhas semana eran os surfistas do Clube Os Tombos os que realizaban a anual limpeza da praia de Nemiña, o Programa de Voluntariado e unha visita moi especial procederán a recoller o que non puideron os rapaces. Na imaxe vemos as galletas de chapapote que aínda se atopan pola praia de Nemiña O domingo, día 5 de xullo, chegará a Muxía un grupo de alumnos do Colexio Irmás da Caridade de Santa Ana de Guadalajara. Este grupo de mozos ofreceuse para facer unha limpeza na praia de Nemiña que será o día 6:00h ás 11:00h da mañán. Os voluntarios/as do Programa de Voluntariado Ambiental do Concello poden unirse a esta limpeza. Pola tarde, do mesmo día 6, estes mesmos mozos de Guadalajara ofrecerán unha actuación de títeres para os nenos/as; esto será ás 20:00h da tarde na ribeira. Concerto Coral Dentro da Programación cultural do verán, hoxe venres 3 de xullo, ás 21:00h horas terá lugar un Concerto Coral coa actuación de Coral San Eleuterio de Tella e Coral Virxe da Barca de Muxía. A actuación será no Salón do Voluntariado do Edificio de Servizos Múltiples. Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa do Concello de Muxía.
|