I Encontro Monte Pindo Comezamos coas actividades diurnas da fin de semana, nesta fin de semana na que o protagonista será o patrimonio da bisbirra. A ADRC Pedramar, da activa vila Carnota do Pindo, artella para esta fin de semana do 3, 4 e 5 de xullo, o I Encontro Monte Pindo (sendeirismo, historia, cultura, gastronomía, música). Unha mestura de actividades que tratan de homenaxear un dos emblemas da Costa da Morte. A asociación explica os motivos do proxecto, que pasan por poñer en coñecemento as historias e lendas do monte, promocionando de paso do senderismo no concello carnotán e potenciacion o Monte Pindo como patrimonio natural da nosa bisbarra. O venres inaugúranse as activiades ás 19:00, e para o sábado hai visita guiada aá Moa, con exposición, sardiñada e queimada nocturna. Asalto ao Castelo e Pinchos Irmandiños Este primeiro sábado de xullo, volverá alzarse en Vimianzo a voz dos Irmandiños, contra señor do Castelo. Chega a XIV edición do Asalto ao Castelo, toda unha festa tradicional teatreira e moi auténtica. A veciñanza é a verdadeira protagonista e artífice da festa, xa que a comisión de festas non conta con apenas apoio do concello vimiancés. Haberá, ademais da xa mítica representación do asalto, boa música, e ghallegha. Antes do Asalto tocarán os coruñeses Duplo Son, e despois estarán Ophiusa, e The Turres Band, que esta pasada fin de semana fixeron bailar a todo Ponteceso no Festival ConVdeValares. Pechará a festa o DJ Freando a esteso; Ademais sector hostaleiro si que apoia o asalto e saca proveito, artellando tamén unhas xornads gastronómicas moi interesantes. De venres a domingo, as II Xornadas do Pincho Irmandiño fan que 7 establecimento da vila vimiancesa ofrezan durante a fin de semana pinchos medievais. Serán os propios asistentes os que xulguen cal é o mellor dos pinchos coas súas votación. FM Music Festival en Malpica Toda unha amálgama de actividades culturais e recreativas. O FM Musical Festival chega como un novo xeito de facer as festas. Músicas de todos os estilos (a maior parte do país), ecoloxía, artesanía e deporte, mesturaranse na mellor paraxe posible, para facer desta fin de semana do 3, 4 e 5 de xullo, unha data sinalada no calendario de festas. Ademais, será o primeiro festival onde o son do público será o protagonista. Camiñada e Teatro infantil en Cabana A primeira rota camiñada saudable terá lugar o venres 3 desde a praia da Urixeira e percorrerá toda a senda do Anllóns. Á parte da faceta deportiva desta camiñada, ós asistentes achegaráselle información de todos os valores medioambientais e patrimoniais do fermoso entorno polo que transcorre o percorrido. Esta actividade está coorganizada con proxecto Concellos Saudables. A segunda actividade da fin de semana en Cabana aposta será a saída de dous grupos da Escola Municipal de Teatro o domingo día 5. Un elenco de 15 actores e actrices cabaneses reprsentarán na Campara dúas obras teatrais: "Pérez, o rato" e "A xuntanza dos ratos". Feira do Motor en Ponteceso A Asociación de Empresarios de Ponteceso, continúa coa campaña de relanzamento da” Feira da Trabe”. E ademais das Feiras do Pan e das Fabas, artella tamén a II Feira do Motor, que terá ligar o este sábado 4 de xullo, ó longo de todo o día, na localidade de Ponteceso. Concerto Coral en Muxía Dentro da Programación cultural do verán, hoxe venres 3 de xullo, ás 21:00h horas terá lugar un Concerto Coral coa actuación de Coral San Eleuterio de Tella e Coral Virxe da Barca de Muxía. A actuación será no Salón do Voluntariado do Edificio de Servizos Múltiples. Cine de CormeDurante o mes de xullo poderedes disfrutar de cinco venres de cine clásico arxentino. Este venres, ás 22:00h no Local da Asociación Eduardo Pondal, teremos Los isleros. Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
|