Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O Banco de Tempo de Laxe triplica usuarios  Correo-e
viernes, 03 de julio do 2009

Image

O Banco de Tempo do Concello de Laxe continúa tomando forma e forza. Nun mes a participación da veciñanza multiplicouse por 3. Así, de 5 usuarias do mes pasado, pasamos neste a 18 usuari@s (13 mulleres e 5 homes).

As dúas actividades organizadas polo Banco de Tempo para este mes de xullo xa están en marcha, é mostran un gran interese entre as usuarias e os usuarios:

Informática

O Obradoiro de Informática na Torre, completou as prazas dispoñibles nos dous días despois de sacar a noticia. O Banco espera poder repetir o obradoiro nun futuro próximo para aquelas persoas que quedaron fora deste primeiro obradoiro. A segunda clase será hoxe venres de 19:30 a 20:30h.

Pasatempos

Os Pasatempos para todas e todos os maiores no Aprazadoiro, tamén mostrou gran interese especialmente entre as mulleres deste lugar. Estas tardes de pasatempos continuarán os mércores de xullo de 17:30 a 20:00h.

InscriciónsImage

Todos e todas que queiran apuntarse a esta actividade poden participar poñéndose en contacto coa Axente de Tempo no telefono 981 706 903 ou mesmo acercándose o Local Social do Aprazadoiro no horario da actividade.

Máis información

  • Blog dos Bancos de Tempo da Costa da Morte.
  • Vimianzo: Para máis información poden chamar o número de teléfono 981.716.001 e preguntar por Laura Castiñeira Vilariño, Axente de Tempo do Concello de Vimianzo no Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local.
  • Camariñas: Para máis información, poden chamar ao Teléfono: 981 737 00 en horario de luns a venres de 08:00h a 15:00h.
  • Zas: Poden chamar o número de teléfono 981.708.303 e preguntar por Sonia Ramos Lema, Axente de Tempo do Concello de Zas.
  • Corcubión: Poden solicitar máis información no concello, en horario de mañá, preguntando pola Xestora dop Banco de Tempo, Marta Sanz, ou chamando ao 981 745 400.
  • Cee: Poden pasar polo concello, no Departamento de Desenvolvemento Local, Emprego e Xuventude do Concello de Cee; ou ben chamando ao 981 745 100.

Máis novas sobre os Bancos de Tempo da bisbarra

Fonte

  • Nota de prensa da Axente de Tempo do Concello de Laxe, Elisa Cundíns Suarez.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com