Martes, 09 de febreiro do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Corcubión, entre os 10 concellos do estado que abren o proxecto piloto de Compostaxe Caseira  Correo-e
viernes, 03 de julio do 2009

Image

O pasado 25 de xuño o Concello de Corcubión presentou o proxecto de compostaxe doméstica para o que foi seleccionado polo Ministerio de Ambiente y Medio Rural y Marino, xunto con outros 10 Concellos distribuidos por toda a xeografía española.

Trátase dun proxecto ideado por un veciño corcubionés, Alfredo González, o Presidente da Asociación Universidade Popular de Corcubión, quen propuxo ao concello corcubionés a solicitación para participar no proxecto. O concello respondeu, e tras un ano e pico de negociacións, o proxecto vai cara adiante.

AutoxestiónImage

Este proxecto, consiste nunha experiencia piloto que pretende concienciar e desenvolver a capacidade da poboación para autoxestionar os residuos orgánicos xerados no fogar e nos xardins. A actividade inclúe ao tempo numerosas vantaxes que supon a implantación da técnica do compostaxe para a obtención dun abono natural (compost) e a redución do volumen de refugallos e do custo derivado da súa xestión para o Concello.

Participación

Participarán un total de 38 familias as que se unirá o Colexio Público de Corcubión. Todos os participantes recibirán de forma gratuita un compostador, un balde para a cociña, un aireador e diverso material informativo sobre a sua correcta utilización. Para uso comunitario, distribuiranse ademáis unha serie de biotrituradores.

Durante o desenvolvemento do proxecto, os participantes contarán coa asistencia dun técnico especializado que realizará un seguimento a través de visitas ás casas e ó Colexio, onde tomará mostras para analizar as cualidades físico-químicas que determinen o estado e grao de maduración do compost.

O proxecto na súa totalidade terá unha duración aproximada de entre 10 e 11 meses.

Ao acto de presentación asistiu o Xefe de Servicio do Ministerio, representantes de Novotec, a técnica encargada do proxecto en Corcubión ademais do Alcalde, Francisco Lema, Chisco, e o Concelleiro de Medioambiente, Lalo Insua.

Image 

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Corcubión.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com