|
A festa do Fútbol da Costa |
Correo-e
|
|
viernes, 03 de julio do 2009 |
|

O Fútbol da Costa vivirá a súa tarde máis especial do ano. Sen dúbidas, a final da o ano pasado, cando 1.500 persoas xuntáronse no Pinguel. Este domingo 5 de xullo de 2009, ás 19:00h, o Municipal de Vimainzo servirá de escenario para recibir a, de seguro, máis dun milleiro de persoas. A organización prevé unha morea de medios, entre os que estará o equipo de Deportes de QPC coa cámara de El Sur se mueve, e mais a radiONeria. Tamén estarán o Depor Sport, a Radio Nordés e La Voz de Galicia, entre outros. Comprobarase ademais se a organización da directiva do Soneira está a altura das organizadas polo Ponteceso, todo un exemplo de boa disposición e gran traballo para que a festa do fútbol da Costa se desenvolva prefectamente. Arriva vemos a presentación dos equipos no partido de ida, e abaixo vemos ao Ponteceso e o Cee na final do ano pasado no Pinguel. | ida | FINAL | volta | | 0-1 | Ponteceso - Soneira | 19:00h | 
Porra da Copa da Costa Novas relacionadas Fonte - Redacción de Deportes de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
- A primeira fotografía é do Depor Sport.
|