A semana que vén, o vindeiro sábado 11 de xullo, celébrase en Corme a XVII Festa do Percebe do Roncudo. Atentos sempre dende Corme ao potencial turístico da rede, xa teñen a bitácora engalada para esta edición.
Atentos están tamén os Omar Rabuñal, Suso Lista e Manolo de Laxe, que coa saga Para mariñeiros nós volven facer promoción dunha festa do concello pontecesán, como veñen de facer co Festival ConVdeValarés. Nos vindeiros días traerémola, por suposto.