Mércores, 17 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Que pasou na Costa: A pegada romana (IIIª parte)  Correo-e
martes, 23 de febrero do 2010

Na época baixoimperial temos constancia da existencia de vilas nas que se mesturan elementos tardorromanos, datados entre os séculos IV e V despois de Cristo, xa paleocristiáns (a totalidade do Imperio pasou a ser oficialmente cristiá trala conversión de Teodosio no ano 395), con elementos característicos da época sueva como son as fíbulas ou os sartegos de pedra antropomorfos con laudas de estola.

O auxe destas vilas responde ó establecemento de novos circuitos comerciais por vía terrestre, como se revela na aparición nelas de envases cerámicos en sigillata romana. Estas novas redes de comercio provocarán a decedencia cara o século II d. C. das relación marítimas que se viñan mantendo desde época castreña e que favoreceran o emprazamento costeiro dos castros.

Image

En Tines (Vimianzo), no atrio parroquial, atopáronse restos propiamente romanos (basas, trozos de sigillata, pavimentos, restos de edificacións, enterramentos con tégulas como as que vemos arriba)  xunto á coñecida estela de Victorinus, de época paleocristiá (finais do imperio), datada cara o ano 400, que ten a inscrición “in pace”, sobre un corpo de figura humán toscamente gravado (unhas simples incisións que representan as cellas, os ollos e a nariz). Na actualidade, esta estela consérvase no Museo Arqueolóxico de A Coruña. Ademáis, apareceron restos de época sueva como son os sartegos antropomorfos. Estamos frente a una importantísima necrópole suevo-romana, con enterramentos datados desde o século I ó VIII d.C. A necrópole foi descubierta casualmente durante a construcción duns panteóns e o traslado da chamada “Ermida Vella” ó templo parroquial. Chamoso Lamas realizou a única e parcial excavación da necrópole de Tines no ano 1951 (aquí embaixo). Este estudioso puido comprobar que, ademáis dela, houbo nese lugar unha vila romana con catro salas, pórtico e hipocausto.

Image 

O mesmo tipo de sartegos rexistráronse tamén na necrópole da vila tardorromana de Moraime (Muxía), tamén excavada por Chamoso Lamas en 1972, onde tamén se atoparon restos romanos entre os que hai que salientar parte dun hypocaustum, sistema de calefacción subterráneo dos cuartos, cerámica e tégulas. Entre as pezas atopadas neste xacemento sobresaen fragmentos de cerámica sigillata, monedas romanas de época imperial, obxetos de adorno e orfebrería (aneis, fíbulas, alfinetes, contas de collar) e varios platos de vidro. Restos de columnas e de canalizacións romanas, pódense ver pola zona sur do edificio, nunha horta. Son probas da existencia dunha vila romana de importancia.

ImageImage

 

 

 

 

 

 

 

 

Esta mestura de elementos romanos e xermánicos tamén se observou una vila de Cores (Ponteceso).

En Moraime tamén se atoparon uns broches de placa rectangular de época sueva e unhas bandexas de vidro que parece ser que eran empregadas para a liturxia arriana.

Tamén continuaron sendo habitadas as vilas altoimperiais de A Gándara e Brandomil (en Zas), favorecidas pola súa situación próxima á Vía XX.

Comparando coa situación do resto de Gallaecia, na Costa da Morte, a romanización foi tardía e feble. A presenza romana limítase ás áreas de certo interese mineiro, no norte e leste do territorio. A pesar da integración no mundo romano do resto da península a nivel administrativo, cultural e de organización municipal, en moitas zonas do noso territorio perviven as formas de vida e de organización castrexas.

  • Víctor Castiñeira.

Bibiografía básica

  • Chamoso Lamas, M.: Hallazgos arqueológicos en Tines. Cegal VIII, CSIC, Santiago, 1953.
  • Chamoso Lamas, M.: Excavaciones arqueológicas en San Julián de Moraime. Noticiario Arqueológico Hispano. Arqueología 4, Madrid, 1976.
  • Torres Rodríguez, C. La Galicia romana. Fundación Barrié, A Coruña, 1982.
  • VV.AA. : Galicia: da romanidade á xermanización. Problemas históricos e culturais. Museo do Pobo Galego. Santiago, 1993.

Que pasou na Costa

Elección Histórica da Costa da Morte

Especial Bicentenario de Víctor Castiñeira en La Voz de Galicia

Fonte

  • Víctor Castiñeira.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com