Xoves, 09 de setembro do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Marcos Rodríguez: "Busco a beleza de cada lugar xogando ca luz"  Correo-e
martes, 07 de julio do 2009

Image

Image

Das 3.242 fotografías que se presentaban ao concuso de Vagamundos El Fotón, tivo que ser a foto do Cabo Roncudo a gañadora na Categoría de Paisaxe. Unha foto do noso compañeiro Marcos Rodríguez, que sorprende a quen a ve.

"Dende onde a sacaches? dende un helicóptero?" Esta é a clásica pregunta que lle fan os seus amigos ante esta nvedosa visión do Roncudo. Un Cabo Roncudo do que estamos acostumados a ver a vista coas dúas cruces e o cabo no fondo, e que Marcos nos renova para que disfrutemos dunha visión "máis agresiva", como cmentaba onte nas ondas da Radio Nordés - Cadena Ser, na entrevoista que lle facía Susana Albite na primeira hora do programa Vivindo a Costa da Morte.

Esa sensación de estar sacado no aire faina, como di el, "agresiva", pero sobre todo, impresionantemente bonita. Trátase dunha "composición distinta", a que a fai máis interesante.

A beleza e a luz

Así, o mesmo Marcos afirma procurar sempre "a beleza de cada lugar". E todo, baseándose na luz. Ten que ter a luz que lle gusta, e ata é capaz de erguerse ás 5:00 da mañá para ir cazar un bo amencer. Así o reflectía na exposición A Costa da Luz, que estivo o ano pasado en Arteixo.

Paisaxe ou periodísmo

Con todo, a día de hoxe xa non sabe que clase de fotogradía máis lle enche. O traballo de periodista que desenvolve integramente na Costa da Morte fai que pouco a pouco vaia collendo gusto a esta modalidade. A fotografía paisaxística sempre foi o seu forte, como demostran a morea de premios que acumula, pero o fotoperiodismo estase facendo un oco nos seus adentros.

Non hai evento na bisbarra no que non aparezan polo medio os rizos deste intrépido fotógrafo. De feito, aí o vemos metido no medio da Festa do Fútbol da Costa, na final da Copa da Costa celebrada esta pasada fin de semana en Vimainzo.

Máis información

Máis información

De viaxe con Marcos

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com