|
Esta semana vemos as dúas caras da posición da nova Xunta de Galicia con respecto á problemática acuícola. Se ben o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, aseguraba o pasado sábado 4 de xullo, na festa do PP de Muxía, que os veciños de Merexo poden estar tranquilos; a mesma Xunta envaba onte unha nota de prensa na que anuncia a "potenciación da acuicultura como actividade de futuro e de xeración de emprego". Unha potenciación que pasará por riba das calificación de paraxes protexidas, como Rede Natura. Así o deixou claro a Conselleira do Mar, Rosa Quintana, que asegurou que vai apurar a construción da granxa de Touriñán, sempre que a empresa continúen interesada no proxecto. Quintana afirmou que a Xunta apoiará a calquera empresa que queira ampliar as súas granxas ou construir novas. Tamén deixou a porta aberta á construción de novas piscifactorías en Rede Natura. Greenpeace avisa Se o grupo de ADEGA vén denunciando dende hai tempo a destrución do patrimonio natual que suporía a construción da piscifactoría no Cabo Touriñán, hoxe chegan novas dende Greenpeace España. A entidade ecoloxista internacional acaba de facer un informe sobre a Destrucción da Costa en todo estado. Pinchando na imaxe poden ver o vídeo de Greenpeace. Comunidade por comunidade, Greenpeace repasa as accións máis destructivas, e no tocante a Galicia, a Costa da Morte é o referente da devastación do litoral. Entre as míticas desfeitas ecolóxicas do mediterráneo, como o hotel do Algarrobico en pleno Cabo de Gata, atopamos os nosos desastres. Para Greenpeace, o urbanismo (como o que veíamos en Malpica) e o proxecto de acuicultura da Xunta de Galicia no Cabo Touriñán, supoñen as maiores ameazas para o patrimonio natural de Galicia. En palabras de Greenpeace, Galicia conta con 17 Espacios Naturais Protexidos, "pero de nada serve protexer baixo un marco legal se, como no caso do ENP da Costa da Morte, preténdese construír unha piscifactoría de 300.000 metros cadrados, en pleno espazo protexido que forma parte da Rede Natura 2000 europea". Novas relacionadas Vídeo de Francisco Santiago López Denuncia cunha foto Fonte
|