|
Antón Zapata por Miro Villar |
Correo-e
|
|
miércoles, 08 de julio do 2009 |
|

Xa coñecimos a Antón Zapata García, o poeta laxense, na Elección Histórica da Costa da Morte, elixido por Xosé María Lema Suárez para participar na singradura histórica. Foi un deses poetas do século XX, que dende a diáspora, como non, dende Bos Aires, reflexou o sentir galego nos máis importantes xornais arxentinos. Ademais escribiu sobre personaxes tan importantes como Castelao ou Pondal, recén elixido coma o Persoeiro da Costa. Para coñecelo un pouco máis, o escritor ceense Miro Villar González, acaba de publicar a primeira biografía do poeta de Laxe. Editada por Laiovento, chega esta "reivindicación" dun personaxe que non tiña aínda o seu debido recoñecemento. O título é "Antón Zapata García. Biografía dun poeta emigrado ao servizo da II República", e xa podedes preguntar por el nas principais librerías da bisbarra. Podedes ollar a interesante entrevista que lle fai Eduardo Eiroa dende La Voz, na que Miro destaca que se non somos nós os que potenciamos o noso pasado, quen o vai facer? Información sobre Miro Villar Máis información Novas relacionadas Fonte
|