|
O grupo Lábaro podría presentar un contencioso ao Concello |
Correo-e
|
|
viernes, 06 de julio do 2007 |
A paralización por parte do Concello de Cee do Grupo Lábaro segue a ser actualidade informativa.
Onte o alcalde de Cee, Ramón Vigo e o Director Xeral da empresa Lábaro, Rafael Román, reunironse para tratar de chegar a un acordo satisfactorio para ambas partes e atendedo como é lóxico a legalidade vixente.
Nesa reunión non se chegou a ningún acordo entre as partes, pois cada unha entende que a súa actuación axústase a legalidade.
Según as nosas fontes, o Director Xeral do Grupo Lábaro plantexou a posibilidade de interpoñer un recurso de reposición. Ramón Vigo en cambio, atendendo o asesoramento da secretaria municipal, entende que non procede dito recurso, pois, ademáis de paralizar as obras, está anulando o acto administrativo da concesión da licencia.
O alcalde de Cee remataba decindo que ademáis das oito irregularidades existentes hai algunha máis, como por exemplo o problema coas alineacións.
Fonte: El Correo Gallego
|