Venres, 30 de xulio do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O Comité de Sabios elixe o seu persoeiro nunha cea na súa homenaxe  Correo-e
lunes, 13 de julio do 2009

Image

Logo de dous meses de singradura histórica a través dos nomes dos persoeiros máis significativos da Costa da Morte, a organización de corcubion.com e quepasanacosta.com quixo agradecer aos colaboradores que a fixeron posible. Falamos de especialistas en historia de toda a bisbarra, que se achegaron ata Corcubión para poñerse caras e para unir un pouco máis a cultura da zona.

Os convidados

Así, a Cea do Comité de Sabios da Elección Histórica da Costa da Morte trascorreu con moita cordialidade.

Image 

Foron varios os que non se puideron achegar ata o Restaurante As Hortensias de Corcubión, pero atopamos nomes que se cadra participarán nunha selección coma esta dentro duns anos. Do norte da bisbarra achegáronse o cormelán Jesús Méndez Torrado, máis coñecido como Suso de Basilio, Xosé María Varela dende o Couto (Ponteceso), e Xosé Manuel Varela Varela dende Cerqueda. Os tres viñeron acompañados das súas parellas, que tamén disfrutaron da cea.

Xa dende un pouco máis abaixo chegou o escritor da Ponte do Porto, Rafael Lema. Dende Buxantes, unha muller que dentro de pouco será promovida para Santa por todo o que fai para a parroquia dumbriesa, Lurdes Pardo. De Cee, como non, Víctor Castiñeira, e de Corcubión, Alejandro Lamas e a súa muller. Suso Jurjo chegou como o colaborador de Mazaricos, mentres que tamén pudio achegarse dende Santiago, Juan Campos, natural de Cuntis, pero que leva moitos anos vencellado á Costa da Morte.

Finalmente, por parte da organización, estaban presentes Ángel Martínez, responsable de corcubión.com e ideólogo da Elección, Xabier Calaza e Ubaldo Cerqueiro, de quepasanacosta.com; Nacho Porto que tamén veu con parella, como o artista dos premios; e mais Xan García Pouso, como responsable da Asociación Neria, que patrocinou o evento.

A votación do Comité

Se ben foi Eduardo Pondal o elixido como o Persoeiro da Costa, a cea servíu para determinar quen foi, segundo o pensar dos Sabios, a figura máis emblemática da nosa bisbarra.

O Comité deixouse de orixinalidades, e foi finalmente Eduardo Pondal, o que gañou, por goleada, a votación. Dos 15 especialistas consultados, 11 votaron en primeiro lugar por Pondal. Lonxe quedaron o ceense Fernando Blanco de Lema, O Alemán de Camelle e mais Isidro Parga Pondal. Tamén apareceron nas votacións Plácido Castro Rivas e Alejandro Finisterre; Saturnino Cuíñas Lois, Enrique Labarta Pose, Ramón Romero Carril, os Homes e as Mulleres do Ariete e as Pandereitas de Mens. E como último recoñecido polo Comité, Ramón Caamaño.

Premios de Nacho Porto

Image 

Foi Nacho Porto o que entregou un dos premios a Suso de Basilio, como correspondente do Concello de Ponteceso. Nacho explicou o significado do premio. "Cando unha persoa é diferente, a suma de todos é igual, pero diferente". Nacho explicou que a suma, nas persoas, non é matemática e que unha persoa distinta pode ser capaz de cambiar moitas cousas, "se non acaba linchado".

Xosé María Varela, como responsable delegado da Fundación Eduardo Pondal, recibiu o premio da man de Xan García. Falou Xosé María sobre o personaxe de Eduardo Pondal, e curiosamente non o fixo para loubalo. O sentir de varios dos colaboradores é que Eduardo xa está loubado abondo, e o que é máis serio, non fixo pola Costa da Morte, o que fixo, por exemplo, o seu irmán. Xosé María falou dunha anécdota que fala de como Cesáreo Pondal criticaba dun xeito mordaz ao seu irmán por marchar de Bouza, o antigo Ponteceso, para a cidade e non mirar atrás nin preocuparse polo desenvolvemento da zona. Eduardo, consciente do seu legado, respondeulle un bo día: "Ti traballa polo pobo irmán, que o que quedará para a historia serei eu".

E así foi, pero a figura de Cesáreo tamén quedou ata os nosos días e de seguro que volve con moita máis sona.

Image 

Elección Histórica

Novas relacionadas

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com