|

O novedoso sistema de construcións de peiraos comezou a sua actividade ao longo da fin de semana. Un dos caixóns de formigón que formarán o dique. Trátase de bloques de formigón ocos que flotan e, unha vez no seu emprazamento definitivo, énchense de lastre ata que se afunden. Estas obras suporán un investimento de 14,5 millóns de euros e prevese que estean terminadas a finais de 2010. As obras do porto de Brens consisten na prolongación do peirao nunha lonxitude de 310 metros e un ancho de 100. Nota de prensa de Portos de Galicia A Xunta recurrirá a un novedoso sistema de construción para ampliar o porto de Brens en Cee A Xunta recorrerá a un novo sistema de construción para ampliar o porto de Brens, situado na localidade coruñesa de Cee. Este sistema consistirá na construción de bloques de formigón ocos que flotan e, unha vez no seu emprazamento definitivo, énchense de lastre ata que se afunden. O primeiro destes bloques furados será colocado este fin de semana. Estas obras suporán un investimento de 14,5 millóns de euros e prevese que estean terminadas a finais de 2010. De momento, mentres non está construído o primeiro bloque oco, continuán realizándose as obras de limpeza do peirao para situar na súa posición definitiva os 'caixóns' unha vez estean fabricados. Será Portos de Galicia quen leve a cabo a execución dos 18 'caixóns' de formigón do peirao e para iso valerase do dique flotante 'Olimpia', que consta dunha estrutura especificamente deseñada para a súa construción. Unha vez terminadas as operacións previas á montaxe, os bloques ocos construiranse colocando a armadura que será despois 'hormigonada' mediante un sistema de deslizamiento ata a preparación da súa flotación. A continuación, procederase ao descenso no mar da plataforma interior do dique flotante ata alcanzar o calado previsto de flotación do 'caixón', momento no cal prodúcese a flotación libre do mesmo. A partir de aquí é remolcado ata o seu emprazamento definitivo. O proceso de 'hormigonado' é simultáneo a todas as operacións que se realizan ata alcanzar sen interrupción as medidas elixidas, traballando 24 horas do día, sete días á semana, polo que se obtén un nivel de calidade superior ao que se alcanzaría cun sistema de 'hormigonado' non continuo. Ampliación do Porto As obras do porto de Brens consisten na prolongación do peirao nunha lonxitude de 310 metros e un ancho de 100. A chaira obtida finalmente será de 33.702 metros cadrados e o volume do dragado necesario é de 86.773 metros cúbicos. A ampliación conta cun estrito control e seguimento ambiental, posto que Portos de Galicia ten colocadas unhas barreiras antiturbidez en todo o perímetro da obra para evitar que calquera lodo ou elemento estraño prexudique á ría. Novas relacionadas Fonte
|