|
A posibilidade da construcción dun campo de golf no Concello de Cee volve coller folgos logo de que a promotora da iniciativa, a inmobiliaria Pedrajas de Elche, presentara de novo o proxecto aos ediles da corporación municipal ceense. O proxecto xa fora rechazado pola Xunta, e logo dos incendios do ano pasado, quedara no olvido dada a lei que prohibe construir en 35 anos en terreos incendiados. Seica o tempo pasa moi rápido? Para completar a fazaña, a promotora pretende levar a cabo tamén a construcción dunha gran urbanización nos montes de Brens. Ante isto, o goberno local non desestima as obras, das que asegura que non son prioritarias e que non non interfira Plan Xeral de Ordenación Municipal. A inmobiliaria Pedrajas xa ten mercados mási de millón e medio de metros cadradaos, nas que se pensa construir o campo de 18 buracos alén da urbanización de 800 vivendas, iso si, 2200 menos das presenatadas no proxecto inicial. 3.000 vivendas nun concello de 8000 habitantes? Críticas dende a oposición Dende o PP de Cee se plantexan cales son as causas do cambio de opinión mentres que no BNG saen con críticas algo máis contundentes. Daniel Oca, vocal do Bloque asegurou que isto é unha tomadura de pelo, non sei se o director xeral de Urbanismo fala no mesmo idioma que o PSOE de Cee, pero xa o deixou claro: sen vivendas si, con vivendas non, e nós estamos nesa liña. Outros 18 buracos entre Cabana e Zas Neste caso, polo menos, o asunto non conleva a construcción dunha urbanización no pack. Trátase doutro campo de 18 buracos que se atoparía nun recinto entre os concellos de Cabana e Zas. Fonte
|