Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
A Costa da Morte non existe  Correo-e
martes, 14 de julio do 2009

Á propósito do poema que publicou o Diario Camariñán de Faustino Lastres de 1910, do que podemos estar falando da referenia escrit máis antiga á "Costa da Morte", Juan Campos envíanos este artigo contra os mitos identitarios colectivos e contra a mitoloxización da Costa da Morte.

A Costa da Morte non existe

Ninguén sabe onde están os límites xeográficos desta suposta costa. Ninguén ten autoridade para dicilo. Ninguén sabe nin sequera cando se acuñou este topónimo. Nin ninguén tampouco coñece ao seu inventor.

Todo o que podemos saber con seguridade é que nace ao redor de 1900.

É dicir que se antes desa data un viaxeiro preguntase a un pescador de Laxe, Corme, Finisterre, Camariñas ou Corcubión pola Costa da Morte, o máis probable é que o pescador se quedase perplexo e, todo o máis, lle indicara o camiño do cemiterio local por se era a ese lugar ao que se refería ao viaxeiro.

Hoxe, cando se cultiva de novo en Galicia e na "Costa da Morte" por algúns esa aberración retrógrada que é a paixón da identidade colectiva, convén recordar estas obviedades sobre a orixe deste topónimo para non sumirnos nese soño de mitoloxías inasequibles que son as identidades colectivas.

Ao parecer, non hai nin un só documento escrito da Antigüidade, da Idade Media ou da Modernidade anterior ao 1900 no que apareza o topónimo en galego ou castelán.

Non parece pois que o topónimo teña nada que ver coa mitoloxía antiga da morte do sol e o fin do mundo, como seguen insistindo moitos autores sen proba documental algunha.

Non o menciona Laffi, o peregrino do XVII a Finisterre, nin o Pai Sarmiento, nin sequera o insumergible George Borrow, inmortal autor do magnífico A Biblia en España, cando describe dous pasos por mar fronte a Finisterre no primeiro terzo do XIX e unha visita por terra que acabou case en traxedia. Non o menciona Rosalía de Castro, nin Emilia Pardo Bazán-polo menos nos seus escritos anteriores a 1900. E Pondal?

Ai, Pondal, Pondal, pai do nacionalismo galego xenófobo e autor dalgúns poemas que ofenden pola súa violencia machista!

Algúns queren agora achacarlle a paternidade do topónimo, o que en todo caso refutaría a súa antigüidade, porque nos Eoas, publicado póstumamente no ano 2002, aparece en varios versos a expresión "costa da morte".

A pregunta crave é: cando escribiu eses versos Pondal? Parece ser que é imposible precisalo, pero en todo caso nun período comprendido entre finais do XIX e a súa morte ben entrado xa o século XX.

A dificultade de afirmar que eses versos sexan a verdadeira orixe do topónimo radica en que Pondal, que sufría un alto grao de delirios paranoides, gardábaos celosamente por medo aos plaxios. Como explicar entón que uns versos non publicados puidesen difundir unha expresión tan rapidamente como para que, a partir de 1900, empezasen a aparecer referencias á Costa de la muerte / Costa da Morte en poemas e libros?

Cabe outro xeito de explicar a presenza desa expresión nos Éoas, que me parece máis plausible, salvo evidencias contrarias futuras: que Pondal incluíse a expresión "costa da morte" no seu poema tomándoa doutros autores. E que o fixese porque a expresión acuñada por outros comezaba a circular con éxito en Coruña a principios do século XX.

Unha das ironías desta historia é que ao comezar a difundirse o topónimo Costa de la Muerte non agradaba moito á poboación local, por ser tan lúgubre e por reforzar indirectamente a falsa lenda negra dos naufraxios provocados colgando farois dos cornos das vacas. Creo que hei refutado definitivamente esa lenda na miña obra, confirmando á vez a realidade do pillaje ao que se sometía aos naufraxios provocados pola natureza e os erros de navegación. Pódese ver ese rexeitamento ao topónimo na actitude dalgúns personaxes da primeira novela, cuxo autor é o andaluz Joaquín Más, que utilizou o topónimo no seu título.

Con todo hoxe as cousas cambiaron. O topónimo atrae visitantes, diñeiro e subvencións e os concellos peléxanse por ser incluídos nel. O romanticismo identitario, máis ou menos unido a certo nacionalismo galego, tamén seduce a escritores maiores ou menores que fomentan a mitoloxía dunha inexistente identidade colectiva, identidade que contrasta sobre o terreo do real coas rivalidades e hostilidades entre as diversas vilas da costa. Pero a realidade nunca interesou demasiado aos adictos á mitoloxía colectivista.

En resumo, a Costa da Morte é un topónimo recente, acuñado polo gran número de naufraxios de finais do século XIX,que certamente confire un aura poética que engrandece o atractivo da natureza e o dramatismo dos sucesos aquí acaecidos. Os seus límites xeográficos son tan vagos como imposibles de fixar e quizá sexa mellor así, pois todo o vago e indefinible alenta o misterio e a poesía.

Costa da Morte, ámoche porque non sei se existes.

  • Juan Campos (copyright) Santiago,11-Xullo-2009

Máis informaciñon

Novas relacionadas

Máis de Juan Campos

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com