|

A rexeneración de praias na Costa da Morte continúa sendo unha medida moi polémica. Se o Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino apoian varios dos proxectos que se queren realizar na bisbarra, o pobo, en xeral, non está nin moito menos convencido. Entre os detractores deste proxectos temos a Adega, que xa ten mostrado a súa negativa ao proxecto corcubionés; o BNG de Corcubión, igual. Ademais PX ten sinalado claramente a súa posición en contra dos proxectos de rexeneración de praias. A problemática de Corcubión Un dos mellores exemplos é Corcubión. O alcalde, Francisco Lema, Chisco, coñecido polo seu amor á natureza, leva varios anos tentando levar a cabo a rexeneración do areal central de Corcubión. Para o alcalde, a praia no centro da vila daría moita vida aos establecimentos da vila. O proxecto, que iría dende o Mirador da praza ata o espigón de Santa Isabel, coa aportación de 47.000 metros cúbicos de area de canteira, conta co apoio total do Ministerio, que hai 10 días anunciaba que non vai precisar o procedimento completo de avaliación de impacto ambiental. Dende o seno do pobo corcubionés, esta medida non se mira con bos ollos. Se ben a zona da curva de Santa Isabel é utilizada habitualmente pola veciñanza, o areal central nunca foi utilizado para recreo. Así o expresa estes días unha das voces con máis peso da bisbarra: Fran Hermida, dende o seu blog Sen xeito, manda unha Carta aberta ao alcalde de Corcubión, intentando que recapacite sobre a iniciativa. Fran Hermida chama ao consenso e pide ao alcalde que estas medidas tan impactantes se debatan entre todas as partes afectadas da vila. As mariscadoras de Corcubión teñen manifestado en numerosas ocasións que a medida perxudicaría claramente a súa actividade, pero tampouco son escoitadas. Hai un sentir no concello sobre varios detalles que quitan sentido ao proxecto. A praia serve de aparcadoiro para os máis de 20 barcos de pesca da zona, ademais do resto de embarcacions de recreo, polo que o baño non é de todo agradable. A cercanía da Praia de Quenxe, con Bandeira Azul e todo, e as augas residuais que verten directamente no medio da praia, farían complicada a adecuación da praia para uso doméstico. En Camelle  En Camelle tamén se laias de que o Ministerio non escoite ao pobo camellán. O Ministerio volve facer unha desas promesas que tanto escoitamos por aquí: a dinamización do emprego. "Cantos postos se fixeron?" pregúntanse por Camelle. A forza do pobo de Barizo Por Malpica, o rexeitamento veciñal conseguiu botar abaixo, ou polo menos, modificalo, o proxecto de rexeneración da Praia do Canido con areas da zona da Seiruga. Os habitantes da parroquia de Barizo, a zona afectada pola extracción, conseguiron que os partidos políticos acordasen a petición da anulación do proxecto. Por que non se repiten estas mobilizacións polos outros concellos afectados da Costa?.  Así ven dende Greenpeace os procesos de rexeneracións artificiais de areais... Novas relacionadas Máis novas
|