Venres, 30 de xulio do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Acostumándonos a unha vida sen bolsas de plástico  Correo-e
miércoles, 22 de julio do 2009

Image

Image

A Costa da Morte acostúmase á vida sen bolsas de plástico. E non lle queda outra, ao igual que o resto do estado. O Plan Nacional Integrado de Residuos pon novas medidas para erradicar o mal uso das bolsas de usar e tirar, que tanto dano fan ao ecosistema. A partir do 2010, o consumo destas bolsas irase prohibindo progresivamente. A esa data, o consumo terá que estar xa ao 50%.

Tanto os supermercados, as grandes superficies ou as pequenas tendas fan pouco para animar á xente a utilizar bolsas reciclables. Hai excepcións, e na Costa van aparecendo pouco a pouco as tendas onde se promove o uso das bolsas de tela ou de material reciclado. Vemos por exemplo a Panadería Corcubión, que ofrece estas bolsas aos seus clientes habituais.

É aí cando a resposta está nas nosas mans. É aí cando nos debemos lembrar de baixar a bolsa cando imos á compra. É aí a nosa responsabilidade.

Cobrar cada bolsa

Medidas como o cobro de 5 céntimos, ou mesmo, 50, por cada bolsa de plástico deberían ser medidas obrigatorias para os establecimentos. Esta si que sería unha medida operativa. Hai exemplos que o certifican, e podemos ver o que ocorreu en Irlanda, que tras impuñer, desde 2002, unha taxa de 0,20 euros sobre as bolsas, conseguíu reducir o seu consumo nun 70%.

A invasión da bolsa

Cantas bolsas somos capaces de gardar na casa. Todos gardamos bolsas de plástico, que moitos reutilizamos para o lixo e demais vicisitudes. Pero chega un momento, por moito que as evites, que as bolsas invaden o fogar. Sáense da estantería, do armario, do caixón e comezan a caer por todas as esquinas.

En España consumimos 238 bolsas plásticas por habitante ao ano. Como lembra El País cada bolsa emite uns catro gramos de CO2 na súa fabricación, e o total delas produce o 0,1% da emisión nacional. Ademais, este tipo de envase tarda ao redor de cen anos en descomporse, e tan só o 10% delas acaba nos colectores amarelos para a súa reciclaxe, aínda que, segundo Cicloplast, asociación para a reciclaxe do plástico, un 65% delas adoita ser reutilizado como bolsas de lixo. Pero despois a maioría delas acaba o seu ciclo en vertedoiros. E no peor dos casos, nas costas. O 20% do lixo recollido das praias son bolsas.

Novas relacionadas

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com