|
As grúas xa criban a area da praia de Camelle |
Correo-e
|
|
jueves, 23 de julio do 2009 |
|

Sen escoitar a voz dos veciños, a administracións comezan a facer realidade os polémicos proxectos de rexeneración de praias. En Camelle xa comezaron cos traballos este mesma semana. A empresa Ctnes.López Cao é a executora da obra, cun custe de 600.000 euros. Dende o concello informan que non se incorporará area de canteira. De feito, os únicos traballos serán de cribado e limpeza das areas actuais, o cal crea máís confusión nos veciños da vila camariñá. As obras alongaranse durante 5 meses, para estar rematadas en novembro, lista para os temporais do mar de Camelle. En Corcubión si En Corcbuión a cousa é se cadra máis grave. Serán nada menos que 70.000 toneladas de area de canteira, provintes de Caolines Vimianzo, as que fagan de "praia". O proxecto, que nin necesitará informe ambiental, está tan só pendente da adxudicación, sen o consenso do pobo, da oposición e das mariscadoras, entre outros. Novas relacionadas Fonte
|