Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O BNG pide liberar o Xallas e os ríos galegos de máis encoros  Correo-e
martes, 28 de julio do 2009

Image

O río Xallas, un dos ríos máis explotados de todo o país, que xa conta con 4 encoros e 9 minicentrais, treme agora ante a posibilidade de novas construcións. Todo logo de que o novo goberno da Xunta anunciase que levanta o veto ás centrais hidroeléctricas, que impuxera o goberno bipartito ao asumir o poder no 2005.

Moitos son os sectores do país que se preocupan por esta decisión, e dende o eido político tamén saen as primeiras protestas. O BNG, a través da súa portavoz na Comisión de Medio Ambiente do Parlamento Galego, Isabel Sánchez Montenegro, vén de presentar unha iniciativa pola que demanda que os ríos galegos sexan declarados libres de futuros encoros. O BNG pide así que a Xunta “revise o Plan Sectorial Hidroeléctrico”.

O BNG fixo balance da saúde dos ríos do país, e apunta que por exemplo "o 70% dos nosos ríos xa son inaccesibles ás especies migratorias". Aquí na Costa, aínda algunhas zonas do Anllóns reciben cada ano milleiros de aves. Veremos por canto tempo.

Outro dos puntos que quixo sacar á luz o BNG, agora dende a oposición, é que Galicia produce o 25% da electricidade de orixe hidráulica do Estado, feito que nunca repercute na sociedade galega nin nas zonas que sofren os encoros directamente.

Nota de prensa do BNG

O BNG SOLICITA NO PARLAMENTO QUE OS RÍOS GALEGOS SEXAN DECLARADOS LIBRES DE NOVOS APROVEITAMENTOS HIDROELÉCTRICOS

  • Isabel Sánchez Montenegro advirte de que “xa están sobreexplotados” e lembra que Galiza xera o 25% de toda a electricidade de orixe hidráulica do Estado español e que o 34% dela vai para fóra de Galiza.

Santiago de Compostela, 27 xullo 09.- A portavoz do BNG na Comisión de Medio Ambiente do Parlamento Galego, Isabel Sánchez Montenegro, vén de presentar unha iniciativa pola que demanda que os ríos galegos sexan declarados libres de futuros encoros.

En concreto, e ante o anuncio da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de adxudicar novas minicentrais nos ríos de competencia autonómica, a proposición non de lei do BNG, que se debaterá na Cámara Galega, demándalle á Xunta de Galiza que “revise o Plan Sectorial Hidroeléctrico, declarando os ríos galegos como libres de futuros aproveitamentos hidroléctricos”.

Ademais, a iniciativa demándalle ao Goberno galego que “inste ao Goberno español á paralización de novos encoros na Conca Hidrográfica do Miño-Sil e á realización dun estudo de carácter global sobre o estado e a calidade dos ríos incluídos nesta bacía”.

Máis do 70% dos nosos ríos xa son inaccesibles ás especies migratorias

A deputada do BNG denuncia que “os ríos galegos atópanse hoxe en perigo debido, principalmente, á sobreexplotación con presas hidroeléctricas”. Así, lembra que “os encoros fan que hoxe máis do 70% dos nosos leitos fluviais sexan inaccesibles ás especies migratorias”. Pon como exemplo o salmón, cuxa poboación se reduciu nos últimos cincuenta anos nos ríos galegos en máis dun 99%.

Galiza produce o 25% da electricidade de orixe hidráulica do Estado, sen que isto supoña melloras para a sociedade galega

Ademais, Isabel Sánchez Montenegro, lembra que “Galiza, con só o 5% do territorio do Estado e o 7% da poboación, xera o 25% de toda a electricidade de orixe hidráulica do Estado español, da que o 34% expórtase fóra de Galiza”.

A pesar disto, “esta sobreprodución non redundou nun mellor abastecemento eléctrico ás poboacións e comarcas galegas”.

A producción das minicentrais hidráulicas é irrelevante pero o seu impacto ambiental enorme

Isabel Sánchez Montenegro denuncia que esta sobreexpolotación dos nosos ríos con encoros e minicentrais hidroeléctricas prodúcese tamén “a costa da perda da riqueza ecolóxica irreversíbel, e danos nosos nosos sistemas fluviais”.

Ademais, no caso das minicentrais hidráulicas, as que quere volver a autorizar o Goberno de Feijóo, a deputada nacionalista salienta que “apenas producen o 2,5% de toda a enerxía que xera Galiza, o que demostra a súa escasa importancia en termos de produción de electricidade, mentres que o seu impacto ambiental é enorme”.

Un negocio para uns poucos que non beneficia á sociedade galega

“Ditas instalacións -engade- só se xustificarían por unha necesidade urxente de enerxía, o que evidentemente non sucede en Galiza”. Por iso, a parlamentaria nacionalista denuncia que as minicentrais “son en realidade un negocio particular duns poucos, que están a arruinar unha parte substancial do patrimonio natural dos galegos e galegas”.

Por último, Isabel Sánchez Montenegro subliña que “a aposta do BNG é por unha política respectuosa cos nosos ríos, que teña como elemento cardinal dotar de racionalidade a súa explotación e a preservación do seu valor medoambiental”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Gabinete de Prensa do BNG.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com