|
Os parques eólicos mariños ameazan as nosas costas |
Correo-e
|
|
martes, 02 de octubre do 2007 |
|
Como en Galicia, e particularmente na Costa da Morte temos poucos parques de viraventos, as administracións públicas queren colocar algún máis. O problema é que nos montes xa non queda sitio, xa están cheos de muíños, así que o queda é a mar. Os primeiros sítomas de preocupación saen do PP, que acusou á Xunta de pasividade ante o goberno central. O verdadeiro problema é que a teórica ubicación destes parques eólicos constitúen zonas tradicionais de pesca alén de areas de reservas mariñas. Dende a Xunta xa aseguraron que as alegacións están en marcha e que polo de agora é un proxecto que non se vai levar a cabo. Novas relacionadas Fonte
|