Venres, 30 de xulio do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O museo de artesanía en vivo do Castelo de Vimianzo  Correo-e
martes, 25 de agosto do 2009

Image

Unha boa mostra da tradición artesá da Costa da Morte atópase, como parada no tempo, no Castelo de Vimianzo. Alí, un feixe de artesáns de toda a bisbarra traballan no seu, nos seus oficios de sempre. Artesáns e oficios son os protagonistas desta Mostra de "Artesanía en Vivo", que xa leva 16 anos viva recuperando a historia da bisbarra. 

Artesanías

As artesanías presentes son: encaixe, artesanía do liño, cestaría, sombreiraría, alfarería de Buño, pratería, maquetería de barcos, cantaría, zoquería e artesanía en pel.

Os artesáns

Unha das partes máis interesantes da visita é a posibilidade de coñecer a vida dos artesáns. Sempre dispostos a falar un ratiño, os artesáns mostran a cara máis persoal destes oficios. Aí está o cesteiro Jesús, o Manolo cos zocos, Fermín cas barquiñas de madeira, que non agochan a súa galeguidade.

Os artesáns que estarán presentes na mostra son os seguintes:

Fermín, Barcia Gerpe, que vemos arriba coas súas maquetas de barcos, de Camariñas.

José Rodríguez Mouzo: Canteiro, de Vimianzo.

Image

Esther Ferreiro Romá: Platería, de Santiago.

Image

Manuel Pérez Martínez: Zoquería, de Vimianzo.

Image

Jesús Antelo Gómez: Cestería, de Ponteceso.

Image 

Fernando Cambón Cambre: Olería, de Buño.

Image

María de la Cruz Isabel Torre Quintáns: Sombreiraría, de Mazaricos.

Image 

Estas son as casas de artsanía que alternan profesionais no Castelo:

Asociación Amigos do Liño da provincia de A Coruña: Carreira-Zas, con Carmen Riveiro ao fronte.

Image

Asociación de Palilleiras "Nosa Señora da Barca de Muxía".
Asociación de Palilleiras "As Nemanquiñas", de Vimianzo.
Asociación de Palilleiras de Camariñas (Rendas).
Image

ASPADEX: Artesanía da pel, de Cee.

Image 

Patrimonio material e inmaterial

Son tantas as cousas que se poden disfrutar do Castelo que non paras en toda a visita de agudizar os sentidos. Que se os cheiros do liño, da rocha traballada, do barro... E o son, que sons tan particulares. Cómpre quedarse no medio do patio do Castelo, un día que non hai moita xente, e simplemente escoitar, como fixeron os compañeiros de escoitar.org, que pasaron un día escoitando ás palilleiras e ás fiadoras do liño.

Horario do Castelo

  • Inverno (fins de semana): 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 18:30.
  • Verán: 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30.
  • Pechado os luns.

Horario da Mostra de Artesanía en Vivo

  • De outubro a maio (excepto Semana Santa): 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 18:30h (só as fins de semana).
  • Semana Santa e meses de xullo, agosto e setembro: 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30h.

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com