Martes, 09 de febreiro do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O areal da discordia  Correo-e
lunes, 31 de agosto do 2009

Image

O proxecto de rexeneración do areal central está creando unha nova división entre as xentes do pobo de Corcubión. Esta pasada fin de semana, o Colectivo en Defensa da Ría de Corcubión sacou a mesa á rúa e fixo ver que unha parte da poboación non está co proxecto. Ao longo da fin de semana recolléronse centos de sinaturas e xa son máis de 400 as firmas que ten colleitado o colectivo.

Con todo, a división volve ser clara, e o problema volve ser tomado como enfrontamento puramente político. Isto cando a maior parte dos membros da plataforma están fóra dos dous claros bandos que separan e lastran o desenvolvemento do concello.

O Colectivo pola Defensa da Ría de Corcubión

Image 

Coidándose moito de separarse do eido político, a nova plataforma nace neste agosto de 2009. O Colectivo nace en vacacións, no que as xentes da vila teñen máis tempo para ocuparse dos problemas que afectan á nosa ría, que son abondos. Persoas de varios sectores da vila involúcranse así nunha loita por varios proxectos concretos, nunha vila onde o movemento social estaba algo parado.

Aí están formando parte do colectivo membros da Asociación de Armadores Asoar Armega, as mariscadoras, os mergulladores do Longueirón de Fisterra, e outros sectores moi vencellados ao mar e ao pobo corcubionés.

O proxecto de rexeneración do areal

Image 

O proxecto da rexeneración e creación da praia no centro de Corcubión foi a gota que colmou o vaso da disconformidade entre un sector da vila, e será o primeiro, e agardemos non o último, dos cabalos de batalla do colectivo.

Serán 10.000 camións de area de canteira, uns 47.000 m3 procedentes de Caolíns de Vimianzo. É precisamente este é un dos puntos de maior conflito do proxecto, e é moita a xente que non o vería mal se a area fose de extraccións do fondo da ría. A area subiría 2,5m no malecón e serían 25 metros de area collendo a zona na que están fondeados todos os barcos pesqueiros e de recreo, que terían que ser reubicados.

Son moitos os puntos de loita da plataforma veciñal. A perda da actividade económica marisqueira (os bivalvos non aguantarían a dureza a area de canteira), o cambio da fisonomía da fachada marítima corcubionesa, a contaminación das augas por metais pesados e hidrocarburos, a proximidade dunha praia habitual para o baño como Quenxe, a posibilidade de que area chegue ata a estrada en días de nordés... Unha morea de razóns polas que o colectivo non quere esta actuación que se sae dos procesos naturais: "O mar é máis listo ca nós, e volverá para coller o seu espacio", afirman dende a plataforma.

Saneamento si, praia non

O que a plataforma ten claro é que o areal precisa saneamento. O proxecto inclúe (ademais da separación das augas pluviais das residuais que xa está en marcha) un colector de 50 cm que percorra o paseo ata o peirao, onde sairá ao mar. A tubería recollería todas as pluviais e as vertería na boa do peirao.

Hai precisamente dous conceptos neste aspecto que non gustan á plataforma. O primeiro é que a tubería pode non ser o suficientemente grande para recoller as 3 saídas que ten no areal. E o outro é que ao verteren toda a auga doce na saída do peirao, as corrientes da ría meterían esta auga doce na ría desfavorecendo ao marisco. Estes criterios están reafirmados por colectivos como Adega ou PX.

Varias actuacións na ría

Aí está o novo porto de Brens, o porto deportivo, a remodelación dos asteleiros, a piscifactoría do Cabo C e a nova praia do centro da vila. 5 proxectos que afectan directamente á fisonomía da ría, e que en ningún momento foron estudiados en conxunto.

Precisamente o estudio conxunto do seguro impacto ambiental na ría das 4 actuacións é unha das reivindicacións da plataforma.

Opinións de dentro e fóra

O gran problema é que boa parte da vila de Corcubión toma esta loita dependendo do lado ao que pertenza. Pouca reflexión hai sobre o asunto, que será tan relevante do devir da fachada da vila, e máis ben un se define polo bando ao que se supón pertence. Outra das consecuencias é a confusión entre a loita por un proxecto concreto e a loita entre familias.

Ademais de moita xente do concello, moitos foron os turistas que firmaron a reivindicación do colectivo. Esto é unha boa mostra do que quere a xente que se achega á bsibarra, que é unha costa pura, que non sufra máis actuacións intrusivas, pero semella que o pobo corcubionés é o único que se sente con dereito de opinar, cando a praia é de seu e de todos.

Presentado un recurso

O colectivo presentou este pasado sábado un recurso ao proxecto. Amosando as alegacións que xa presentaran os mergulladores as mariscadoras da vila, non moi ben vistas no concello corcubionés ao seren "de fóra" (outra mostra de lacra localista xa que as mariscadoras son fundamentalemente de Cee, Brens, Sardiñeiro ademais de Corcubión).

Posicións dos partidos políticos

O PSOE

O alcalde corcubionés, Francisco Lema Chisco é o grande abandeirado do proxecto. O grupo do PSOE considera que a praia vai ser un impulso para o sector turístico da vila. Ademais de considerar que vai facer aínda máis bonita vila de Corcubión, apunta que vai ser moi positiva para a vila, devolvéndolle a vida ao paseo marítimo.

O BNG

Aproveitando o tirón, o grupo do BNG oponse ao proxecto e xa o levará ao Parlamento Galego da man de Carlos Aymerich, que se reunía na mañá do luns 31 de agosto con varios membros da plataforma.

O BNG sinala que prima antes de nada o saneamento real de toda a ría, para que se poida exercer unha actividade marisqueira nas mellores condicións, e para que as augas teñan unha calidade equiparable o disposto nas directivas da comunidade europea. Tamén coinciden en que a area de canteira non é nada recomendable para o marisqueo, e menos a que procede de extracción do caolín.

O PP

A posición da portavoz do Partido Popular de Corcubión, Gema Freire, é contraria co proxecto de Rexeneración da praia que Demarcación de Costas quere levar a cabo no municipio. Primeiramente a portavoz popular Gema Freire indica que o proxecto porá en perigo o banco de marisqueo.

Neste sentido, Freire indica que "a praia na que se pretende facer a rexeneración é un banco de marisqueo de gran importancia para a Confraría de Corcubión, xa que nel extráese berberechos, reló, ameixa fina, babosa e xaponesa".

Do mesmo xeito, Freire esixe información sobre o mantemento da praia, xa que a area de caolín débese repor cada certo tempo, e quen, ademais, farase cargo do custo, se Demarcación de Costas ou o Concello.

Freire insta a que se opte por un proxecto que reúna e conxugue os "valores produtivos, naturais e saudables". Con todo, se a area utlizada non fose procedente dunha canteira, Gema non vería con tan malos ollos o proxecto.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com