Venres, 30 de xulio do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
A Deputación aposta polo deporte náutico na Costa  Correo-e
miércoles, 09 de septiembre do 2009

Image

Os deportes náuticos seguen asumindo protagonismo na nosa bisbarra. Probas disto temos abondas, dende o éxito de participación na I Liga da Costa da Morte de Vela, a organización da IX Concentración de Escolas de Vela, pasando pola unión dos náuticos e marítimos da Costa e chegando ao proxecto estrella, O mar na Escola, que leva a vela e a navegación aos plans de estudios dos colexios da zona.

Pouco a pouco, a participación, sobre todo da mocidade vai crecendo, e aí está a Deputación para, de vez en cando, poñer o seu, máis ben pequeno, grao de area para fomentar estes deportes.

Así, os concellos de Muxía e Fisterra dispoñen cada un desde hoxe dunha embarcación tipo Omega para o fomento do deporte da vela. Este equipamento foi entregado a pasada mañá polo presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, coincidindo coa finalización dos cursos da campaña de vela organizada polo organismo provincial para nenos entre 9 e 18 anos.

As instalacións portuarias muxiáns acolleron esta mañá o acto de entrega de dúas embarcacións a Muxía e Fisterra, coa presenza do titular do goberno provincial, Salvador Fernández Moreda, ademais dos rexedores locais, Félix Porto, e José Manuel Traba, respectivamente, e do vicepresidente da Federación Galega de Vela, Manuel Villaverde.

As embarcacións tipo "Omega" están especialmente deseñadas para a formación no deporte da vela, e é a máis utilizada no sector para as primeiras horas de navegación. O custo de cada barco ascende a un total de 9.000 euros, polo que a Deputación da Coruña destinou para a súa adquisición (os barcos para Muxía e Fisterra) un total de 18.000 euros.

Image 

Campaña de Vela 2009

Máis de douscentos cincuenta nenos participaron nos cursos de formación de vela dentro da campaña de 2009, desenvolvida nos municipios de Muxía, Fisterra, Boiro, Sada, e Agarimo. O programa finánciao a Deputación da Coruña con 67.000 euros, para as prácticas deportivas e a adquisición das embarcacións, e a organización técnica corresponde á Federación Galega de Vela.

Salvador Fernández Moreda destacou a importancia dos deportes náuticos na provincia da Coruña, que ten máis de mil quilómetros de costa e as condicións idóneas para a práctica destas actividade e doutras análogas de carácter lúdico e recreativo relacionadas co mar.

Un total de 15 concellos da provincia dispón xa unha embarcación tipo "Omega" para o fomento da práctica da vela. Na campaña de 2007, os concellos beneficiarios foron os de Laxe, Cee, Cedeira, Ferrol e Rianxo; mentres que no 2008, o foron os de Ribeira, Corcubión, Cerceda, Ares, e Ortigueira. No presente exercicio, ademais de Muxía e Fisterra, os de Boiro, Sada e Agarimo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Gabinete de Prensa da Deputación da Coruña.
  • Fotografía de Fran Torrecilla.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com