|
O pasado martes 2 de outubro, mantiñamos unha interesante charla co alcalde de Muxía, o socialista Félix Porto, que se centraba máis no aspecto persoal que político, non puidemos pasar se preguntar polo tema da traída de auga nas aldeas do concello. Alá cara mediados do mes de agosto, o concelleiro Caramés pasara por varias aldeas do Concello acompañado dun técnico para estudiar a viabilidade das obras para a traída pública da auga. Falamos de Caberta, Mintiráns, Sinagoga, Sorna e Vilaermide, e de outras moitas que de seguro non coñecemos, onde os veciños levan 20 anos pedindo un enganche que lles permita deixar de depender do auga de traída que eles mesmos fixeran hai tempo e agoran reparan. O alcalde asegurou que os servizos básicos son o punto máis importante destes catro anos de lexislatura, e que confía en que ao remate da mesma o sistema de augas e de saneamento públicos estas resoltos. Deste xeito confirmou que no pleno que vai celebrar a mediados de outubro este tema vai ser prioritario, e que hai xa 140.000€ preparados para as obras, que dependerán da Consellería de Medio Ambiente. Xa están todos os pasos dos veciños preparados, e todo está listo para a exposición pública das obras, das que se agarda o seu remate cara xuño do vindeiro ano. Claro, os veciños falaban de que o concelleiro Caramés dixo que voltaba en 15 días (contando dende mediados de agosto) e aínda non apareceu. Pero eles se cadra pensaban que en 15 días xa tiñan o auga. Varios vídeos de Muxía están colgados no "youtube"Baixo o lema Muxía... Que bonita! xa están colgados na rede un par de vídeos para disfrute de todos. Preciosas vistas da península muxiá encadradas cunha bonita música de fondo, onde se poden apreciar todos os recunchos entrañables da vila. Os vídeos, ademais contan cun guión, e seguindo un recorrido xeográficamente lóxico pola vila imos vendo as distintas horas do día para rematar con ese solpor que tan bonito queda do lado de atrás da Barca. Todo baixo o selo de by Dany. Estas son as URL dos dous vídeos, Muxía... Que bonita e Muxía... Que bonita II Novas relacionadasFonte- Redacción de Que pasa na Costa.
|