Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Postais  Correo-e
viernes, 11 de septiembre do 2009

Un dos costumes que as novas tecnoloxías (internet, sms, etc) eliminaron caseque dun plumazo foi a de enviar postais dende o lugar de vacacións. Estas fotografías con mensaxe por detrás convertéronse moitas veces no reflexo certo e exacto das sensacións que o viaxeiro ou o visitante obtiña do lugar a onde acudiu. E despois destes días de verán, estraño, cheo de rarezas, cousas fóra de lugar, gastos suntuarios esaxerados en festas e ágapes, en eventos gastronómicos con escasa base social e cultural e puramente destinados a engordar os bandullos dos foráneos e dalgún empresario do ramo hostaleiro.... despois de tanta boraxine ocorréronseme varias postais moi adecuadas do visto e oído. 

Ocórreseme unha coa foto dunha beirarrúa emporcada en sangue, en sangue humana de sábado noite, ou de venres noite... ou de mércores noite, que demo, que pa iso estamos de festa. Ocórreseme un regueiro de sangue dun nocello escangallado por un cristal de botella roto a propósito por un idiota con escasa educación e moito alcohol na barriga e na cabeza.  

Ocórreseme una praza nova a estrear, que se levou por diante os cartos destinados as aldeas por dous anos e que aparece emporcada en aceites, en licores e refrescos, en merda en definitiva, sen solución de limpeza posible sen gastar, outra vez, uns cartos que non temos. Ocórreseme unha praza valeira, so chea da musica dunha orquesta de artistas de terceira, esforzados e entregados en facer disfrutar o aire e o vento dunha musica doutro tempo que a ninguén interesa. Ocórreseme una imaxe de mozos e mozas de entre 14 e 18 anos, borrachos como cans, derrubando un contedor coa maior das impunidades, mentres a ausencia de forzas de seguridade na rúa e tan flagrante que ata os policías locais desbordados se queixan en privado pola súa soidade. 

Ocórreseme unha fotografía de fermosos lumes de artificio que se gastan dende aquí para que se sigan vendo dende aló, dende a vila dos vitoriosos. Ocórreseme un medico que non o era, e a fotografía dun alcalde tan inútil que é incapaz de tramitar a licenza dun establecemento sanitario no seu concello, a escasos metros da casa consistorial. Ocórreseme unha imaxe de navallas fronte o mercado en Cee, de feridos por arma branca. Ocórreseme un xornal que esquece moitas destas cousas en prol de facer rendible a publicidade que se saca dos concellos no verán. 

Ocórreseme unha fotografía extraordinaria do promontorio Fisterrán visto dende a estrada o pasar pola ponte do Ezaro e da inmensa felicidade de tanta fermosura concentrada en tan pouco espazo. Ocórreseme que esta si sería unha fermosa postal... aínda que todo o demais acabe por emporcallala sen remedio. 

Ocórreseme que nos gastamos máis de 20 millóns de pesetas dos de antes en festas, cando tantas e tantas cousas están sen facer. Ocórreseme que a praza de marras segue sen nome. Chamémoslle Praza V... seguro que lle queda ben, polo dos marcianos da serie.

  • José Luis Louzán.

Novas relacionadas

Columnas anterioires

Máis información

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com