Venres, 30 de xulio do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Denuncia urbanística en Camariñas  Correo-e
martes, 15 de septiembre do 2009

Image

A ausencia dun Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) na meirande parte dos concellos da bisbarra provoca, constantemente, problemas como o que hoxe nos traen dende Camariñas. Unha problemática máis que habitual, na que as edificacións ilegais mestúranse con relacións políticas ou familiares.

Neste espazo de alegalidade, a responsabilidade queda da man do Concello, no que os mandatarios non teñen máis remedio que ter en conta as consecuencias políticas das súas actuacións ou denuncias.

O caso camariñán

Concretamos e nos achegamos a este caso camariñán, onde os irmáns Alvite Rueda apuntan a un doble rasero do alcalde Manuel Valeriano Alonso, Pichurri, e do seu equipo de goberno, con respecto ás obras de diferentes veciños do concello.

A problemática é a seguinte: un veciño é denunciado á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística polo alcalde camariñán, por unha obra nun cabanote. Ante esta denuncia, o veciño camariñán ponse a estudiar diferentes obras no concello, e afirma atopar máis de 100 actuacións urbanísticas en situación de ilegalidade.

O seguinte paso do veciño é denunciar dúas obras, unha ante a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística e ante Protección do Patrimonio Cultural da Xunta. A primeira trátase dunha casa derruida en mal estado e perigosa para a saúde (imaxe de arriba) ; e a outra foi o derrubamento dun cabazo centenario (máis información abaixo).

Dúas actuacións que ademais, e segundo afirman os irmáns Alvite Rueda, son unha do familiar dun contratista e outra dun candidato na lista que encabezou o alcalde nas pasadas eleccións municipais.

Neste caso concreto, non sabemos quen leva máis razón que quen. O único que queda claro é a necesidade de que todos os concellos da bisbarra cren o seu PXOM, que marque as pautas legais de construciós e actuacións e que deixen o menos posible no poder de decisión do grupo político de turno.

Nota de prensa

GRAVE SITUACIÓN URBANÍSTICA DE CAMARIÑAS POR RESPONSABILIDADE DESTE EQUIPO DE GOBERNO E DO SEU ALCALDE

A grave situación na que se atopa o Concello de Camariñas en materia urbanística vén dada pola ausencia dun plan xeral de ordenación municipal. Este concello só conta con delimitación de solo urbano (DSU) aprobada no ano 1981, polo que gran parte do seu desenvolvemento fíxose en solo rústico, á marxe dunha legalidade urbanística manifestamente obsoleta e, por outra banda, ao non ter ese instrumento estratéxico para o desenvolvemento do concello, creceu de forma irregular e con graves prexuízos e inseguridade para o conxunto dos veciños.

Dita inseguridade resolveuse de maneira fáctica ou pragmática mediante o consentimento implícito das distintas corporacións que se viñeron sucedendo dende entón. Consentimento que se rompeu pola responsabilidade exclusiva deste alcalde, xerando unha situación de inseguridade para todo o concello.

  • 1.- Con data de 29 de xaneiro de 2009 o Alcalde de Camariñas presentou denuncia na Xunta de Galicia contra un particular que pretendía realizar a colocación dunha ducia de soportes para sustentar un cabanote de madeira destinado a actividades de lecer ao aire libre.
  • 2.- Como consecuencia, Axencia de Protección da Legalidade Urbanística da Xunta de Galicia incoou expediente sancionador contra este particular o 17 de marzo de 2009.
  • 3.- O particular, en representación da familia, puxo en coñecemento do alcalde, por escrito do 16 de abril de 2009, a situación de ilegalidade na que se atopa medio centenar de edificacións do concello, dúas das cales estaban a desenvolver obras que o alcalde, malia o seu deber, non paralizou, amosando unha incomprensible dobre vara de medir e creba do principio de igualdade ante a lei, sendo un agravante que unha desas obras é do familiar dun contratista e outra dun candidato na lista que encabezou o alcalde nas pasadas eleccións municipais.
  • 4.- Ante a constatación da falta de actuación do alcalde, os particulares optaron por presentar os día 23 e 24 de xullo sendas denuncias á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística exclusivamente contra estas dúas edificacións.
  • 5.- Os particulares publicaron un carta aberta ao alcalde na que denunciaron ante os veciños de Camariñas estes feitos e anunciaron que ían denunciar outras ilegalidades vinculadas a persoas achegadas ao equipo de goberno da corporación e do mesmo alcalde:

a. Edificación con referencia catastral número 5053302MH8755S, propiedade do alcalde (ver foto arriba)

Sita no casco urbano e con fachada principal á rúa Churruca e posterior á rúa Santa Ana, que incumpre as condicións de seguridade, salubridade e ornato público establecidas no artigo 9, apartado b), da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Especialmente preocupantes son as condicións de seguridade, xa que a edificación non presenta ningún elemento de valado ou cerramento que poida previr posibles desprendementos de cascallos, derrubes e mesmo caídas dos máis variados obxectos acumulados no curro (que máis parece unha escombreira) que poidan poñer en perigo a seguridade e a integridade física dos transeúntes, especialmente dos nenos que xogan no contorno da edificación.

Máis alá do que se lle esixe a calquera cidadán, a responsabilidade do alcalde é maior se cabe por canto o máximo responsable da administración local ten que amosar un coñecemento da norma e proceder con exemplaridade no cumprimento da mesma.

b. Cabazo con referencia catastral 5064112MH8756S, propiedade da concelleira de Asuntos Sociais

Image 

Sita no lugar de A Millarenga foi derrubado un cabazo de máis de cen anos protexido pola Lei 8/1995, de 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia (DOG n. 214, do 8 de novembro de 1995).

Dito cabazo estaba na obriga de ser recollido no Catálogo de bens culturais do Plan Xeral de Ordenación Municipal do concello de Camariñas, segundo o artigo número 75 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, porén desapareceu recentemente contravindo os artigos 1, 3, 4 e especialmente neste caso o artigo 16.2 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, de Protección do Patrimonio Cultural de Galicia: “Non poden invocarse como causas determinantes para deixar sen efecto a declaración de un ben de interese cultural as derivadas do incumprimento das obrigas de conservación e mantemento recollidas nesta lei”.

Denuncia

Por estas dúas últimas presuntas ilegalidades presentamos coñecemento ao propio concello e denuncia ante a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística e do Servizo de Inventario e Protección do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia. Hai outras presuntas ilegalidades que tamén serán denunciadas.

Novas relacionadas

Máis denuncias

Fonte

  • Comunicado enviado polos afectados J. Pedro Alvite Rueda e X. Santiago Alvite Rueda.
  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta,.com).
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com