Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O gaiteiro de Fisterra que leva o saber popular pola península  Correo-e
miércoles, 16 de septiembre do 2009

Image

Xa estivemos con Moncho de Fisterra, Ramón Domínguez, artellando o libro a Don Emerito. O músico fisterrán, profesor de música en Carnota e director da Banda Desiderio Paz ("Emerito non quedaba ben para a banda"), será o embaixador da Costa da Morte polo norte da península e levará o seu saber soplando a gaita.

Varias Asociación Galegas do País Vasco e La Rioja solicitaron á Xunta un profesor de gaita. A Xunta contactou cun dos 40 apuntados nas súas listas e desta volta tocoulle a un de Fisterra ser o que leve as palletas a Santurce, Barakaldo e Logroño.

Clases de gaita

Moncho empregará 15 días en cada unha das 3 casas galegas, e impartirá clase a unha media de 20 alumnos. Clases de afinación ("o máis importante é o oído, xa que o afinador non serve para todo"), de manipulación de palletas, unhas pequenas doctrinas de solfeo para os que toque de oído... un pouco de todo para estes alumnos, xa de idade, que tocar, tocan, pero sen coñecimentos profundos.

"Ca gaita non vives"Image

Este socio da SD Fisterra ten claro que é un privilexiado. "A día de hoxe é moi difícil vivir da gaita. Eu teño moita sorte, pero tes que traballar moitísimo para vivir deste saber", afirma Moncho soplando a palleta.

Ábrese, con estas saídas, outras posibilidades ao fisterrán. Son moitos os centros galegos arredor do mundo que socilitan cada no clases de gaita, percusión, pandeireta... Aí está Moncho como único representante da Costa nesta listaxe de profesores que espallan o saber popular galego polo mundo adiante Cal será o seguinte destino de Moncho? Venezuela, Suiza...

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com