Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Un modo distinto de gobernar  Correo-e
viernes, 18 de septiembre do 2009

Andrew Jackson, sétimo presidente dos estados unidos, dixo unha vez, en referencia a existencia dun banco nacional no país; 

“¿Non constitúe un perigo para a nosa liberdade e independencia o ter un banco que ten tan pouco en común coa nosa nación? ¿Non representa o mesmo unha causa de temor o pensar na pureza e na paz do noso proceso electoral  e na independencia do noso país na guerra? O ter control dos nosos cartos, o recibir os cartos públicos e o manter a milleiros dos nosos cidadáns nun estado de permanente dependencia, sería peor e máis perigoso que calquera inimigo militar ou naval” 

Estes pasados días, mentres vía na televisión a centos de persoas, de aquí e dala, pedindo, mendigando cartos, os famosos 420 euros as portas das oficinas de emprego pensaba nesta cita que, para min, resume mellor que ningunha o nocivo e nefasto do exceso de paternalismo e proteccionismo do goberno cara dos seus administrados.  

Ollo, o exceso. Unha intervención axeitada, calculada e mínima en determinados colectivos pode moi ben previr e reconducir situacións que so poden derivar en exclusión social ou marxinación. Lembro estes días todo canto dixemos sobre os cartos postos a disposición dos bancos e caixas. Estas ultimas están participadas ou ben polo estado ou por outras entidades publicas pero ¿e os bancos?. Os Bancos, entidades privadas, propiedade dos seus accionistas, dos seus consellos de administración ¿non deberían formar logo parte dos bens do estado toda vez que se proveron de fondos  de modo privilexiado a base de cartos públicos? 

Mentres vía na televisión como un parado duns 35 anos protestaba por non poder beneficiarse da misérrima axuda por ter rematado a súa prestación en Marzo na vez de en Agosto, pensaba ¿e que culpa teño eu?. O falar do carto publico con termos abstractos temos tendencia a esquecer que na realidade saen dos nosos petos, do noso suor e das nosas bagoas. O déficit fala de nos. Fala dun pais incapaz de xenerar cartos para cubrir as súas necesidades, pero ¿son parte das nosas necesidades dar cobertura a un parado de 35 anos sen fillos e de orixe estranxeira?. Sen caer na xenofobia, esa persoa cotizou e da súa cotización percibiu, durante os meses que foi perceptivo, uns cartos que o axudaron a subsistir  de modo razoable. Agora, rematada a súa cotización, finados os cartos que tiña no “peto”, aliviamos fondos doutra cousa para que esa persoa siga percibindo unha axuda que, por outra parte, me parece tan cercana a subsistencia que me da vergoña como cidadán e como persoa. ¿Porque? 

Temos a obriga de buscar outro xeito, outra forma de gobernar unha situación como esta, pero sinceramente eu polo menos non creo que deixar de comer nos sirva de nada si queremos pagar, por exemplo, a factura do medico. Morremos igual, non sei si se me entende. Dedicar cartos a isto e puramente unha causa perdida. Nin se resolve o problema nin se atalla a situación, e ademais se incide na desigualdade ¿quen ten mais dereito a percibir a axuda, ese mozo feito e dereito de 35 anos ou unha nai solteira de catro fillos que non cotizou porque traballaba sen contrato fregando escaleiras?, ¿estamos seguros de que esa nai percibe o que debe para axudar a criar os seus fillos ou, como non sae no telediario nos importa un pito?. ¿Quen ou que mide a miseria en España?. Existen outras maneiras de mandar e outras formas de administrar e non están nin a dereita nin a esquerda de ninguén. Están no sentido común.  

Un pensador liberal  dixo unha vez que os gobernos non crean empregos. Os que crean empregos son as empresas e os gobernos poden ou ben axudalos a facelo ou ben apartarse a un lado. Témome que aquí o goberno non esta facendo ningunha das dúas cousas. Estase mais ben erixindo en nai e pai, en Deus e parte, repartindo a vontade os cartos dos demais e mentres, ignorando os que realmente sosteñen o pais, traballadores e autónomos, sobre todo a estes últimos, na vez de facilitarlles a vida en prol de que sexan estes os que, de novo, poñan en marcha un tecido laboral serio e permanente no país. 

Menos limosnas e mais ideas. Un modo distinto de gobernar. 

  • José Luis Louzán.

Novas relacionadas

Columnas anterioires

Máis información

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com