|

A semana pasada os membros do grupo ecoloxista PX e mais o PP dumbriés denuncian a destrución da maior colonia galega dun fieito en perigo de extinción, unha colonia de "Isoetes Fluitans", que nace nas augas do Xallas. A desfeita produciríase, segundo o PP, para a competición de piragüismo celebrada no río o pasado mes de agosto. Ante as críticas surxidas en torno a este feito, o Clube Deportivo Municipal Piragüismo Dumbría, a través do seu director técnico, Henrique Portela, envía un comunicado aclarando a situación. Para Portela a información son é completa e se ben si houbo competición na zona da Ponte Olveira, o acondicionamento do río tan só "foi con sacos de area, que unha vez rematada a competición firon retirados sen causar ningún dano no leito do no río". Aclara tamén que a grúa empregada para colocar os obstáculos traballou "sempre en zonas de cauce de río seco con graveira, co que é imposible destruir vexetación onde non a hai." Comunicado do CDM Dumbría Ante as novas aparecidas na prensa nos recentes dias, un grupo de pais de rapaces do clube, así como o técnico do mesmo e principal implicado na organización da proba, Henrique Portela, non podemos máis que sair a rebatir unha serie de novas que están afectando a imaxe da nosa entidade e que se non son falsas de todo, o son parcialmente, o cal ainda é máis grave, pois fai muito máis dano unha media verdade que unha mentira. Sí é certo que no mes de Agosto se disputou unha competición de piraguismo na zona de Ponte Olveira, e que para elo se adecuou o cauce do río, pero foi con sacos de area, que unha vez rematada a competición firon retirados sen causar ningún dano no leito do no río. Máis ben todo o contrarío, agora cando non solta auga a central electrica de Fervenza unha manga de río que permanecía totalmente seca ten agora 10 cm de auga o cal fai que non morra a posta das especies acuáticas do río, posto que é unha zona ideal para a freza como así nolo manifestou un membro de Medio Ambiente que viu visitar o cauce do río despois da competición. Si que é certo que estes obstáculos foron depositados por un camión grúa, e nas zonas do río donde a grúa non chegaba, colocáronse ditos obstáculos cunha pequena máquina de rodas pero sempre en zonas de cauce de río seco con graveira, co que é imposible destruir vexetación onde non a hai. Da mesma maneira foron retiradas, e calquera que pase pola zona de Ponte Olveira poderá ver que non se realizou obra ningunha. Contra o que se di de que se actuou de maneira imprudente, aclarar que toda a actuación que se realizou foi feita baixo supervisión de persoal cualificado mui coñecedor do cauce do río. A conservación do medio ambente é unha das principais inquedanzas do CDM Piragüismo Dumbría. Non pode ser que sendo nos os principais beneficiados ou perxudicados do estado ambiental do río colaboremos para a súa destrucción, se non todo o contrarío. Educamos en valores ambientales os rapaces do clube, e predicamos co exemplo. De feito, Henrique Portela, responsable técnico do clube, foi un dos impulsores da Iniciativa Lexislativa Popular para a Defensa dos Ríos Galegos, apoiada por máis de 39.000 firmas de cidadáns galegos e que foi a primeira Lei de voluntade popular aprobada da historia do parlamento galego. Resaltar que non se fixo dano a ningunha especie protexida. O longo dos meses de xuño e xullo, a Consellería de Medio Ambiente realizou a limpeza dos marxes dos ríos de Dumbría, incluida a zona da que estamos a falar, por medio da empresa pública Tragsa nunha actuación moi aplaudida polos veciños de Ponte Olveira posto que o río e a ponte permanecían ocultos pola maleza de anos de abandono. Seguimos recalcando que onde nos fixemos a actuación a limpeza fora feita por medio ambente, i en que non existía vexetación algunha. Esperamos que estas aclaracións sirvan para que esta alarma social pase, e que se entenda que cando se mezcla politica con deporte, quen sae sempre perdendo é a activiade deportiva. Esta polemica sentimos que está pondo en peligro a nosa entidade dada a súa xuventude, cando os resultados deportivos están avalando o seu bo facer tanto na competición, coma no eido social. Esta falsa polemica pode perxudicar a posibilidade da instalación no río Xallas do primeiro campo de slalom permanente para a práctica de este deporte olimpico, e para o que nos vindeiros meses se desplazará ó noso concello o Presidente da Real Federación Española de Piraguismo, Don Román Mangas, así coma Ramón Ganyet, o máis prestixoso diseñador deste tipo de instalacións do mundo coa implicación ata o momento decidida do Concello de Dumbría. Novas relacionadas Fonte - Comunicado da man de Henrique Portela. Dir. Tec. do CDM Piragüismo Dumbría.
- Fotografía de arriba de Juan Louro: ezaroenfotos.blogspot.com.
|