|
A semana pasada os membros do grupo ecoloxista PX e mais o PP dumbriés denuncian a destrución da maior colonia galega dun fieito en perigo de extinción, unha colonia de "Isoetes Fluitans", que nace nas augas do Xallas. A desfeita produciríase, segundo o PP, para a competición de piragüismo celebrada no río o pasado mes de agosto. Ante as críticas surxidas en torno a este feito, o Clube Deportivo Municipal Piragüismo Dumbría, a través do seu director técnico, Henrique Portela, envía un comunicado aclarando a situación. Para Portela a información son é completa e se ben si houbo competición na zona da Ponte Olveira, o acondicionamento do río tan só "foi con sacos de area, que unha vez rematada a competición firon retirados sen causar ningún dano no leito do no río". A polémica continúa e o grupo ecoloxista PX salta de novo á voz pública para ratificar a destrución de 200 exemplares da especie protexida a 100 metros da ribeira do Xallas. O voceiro do grupo, Rafael Lema, afirmou estar presente nas labores de evaluación de danos do Seprona na Ponte Olveira.  Na comprobación estivo tamén, afirma Lema, que estiveron tamén tecnicos de Medio Ambiente e os maiores expertos na especie de Galicia, como Javier Amigo da USC ou a descubridora da especie María Inmaculada Romeu. Amigo indicou que "a actuación era grave", e no lugar recolleu dúas bolsas de fieitos mortos, segundo informa PX. Amigo informou que esta especie é única de Galicia, e só hai dúas zonas, no Alto Miño preto de Lugo e na Costa da Morte, en concreto nos ríos Xallas, Grande do Porto, castro e unha pequena presenza no Anllóns na zona de Coristanco pero a maior colonia de Galicia Costa é a de Ponte Olveira no Xallas. Así, Lema asegura que o Seprona presentou denuncias por posible delito ecolóxico contra o alcalde de Dumbría, o propietario dunha pa mecánica, e contra un axente de Medio Ambiente que ao parecer permitiu os traballos no río Xallas. Comunicado do PX - PX ESTIVO PRESENTE NA O EVALUACION DE DANOS EN PONTE OLVEIRA. RATIFICAMOS A DESTRUCCION DE 200 EXEMPLARES DE ESPECIE PROTEXIDA E CEN METROS DE RIBEIRA.
- SEPRONA DENUNCIA DESTRUCCION DA COLONIA DE ISOETES FLUITANS NO RIO XALLAS
Seprona presentou denuncias por posible delito ecolóxico contra o alcalde de Dumbría, o propietario dunha pa mecánica e un axente de Medio Ambiente que ao parecer permitiu os traballos no río Xallas que afectaron a un tramo do río e a un taxón dunha especie protexida. Tales feitos foran denunciados polo portavoz do PP de Dumbría Ramiro Igrexas, indicando que "A maior colonia galega da especie Isoetes Fluitans, un helecho en perigo de extinción, foi destruída, como consecuencia dunhas actuacións executadas polo Concello de Dumbría na canle do río Xallas". O PP reclamou a presenza de Seprona que gravou os traballos e a intervención de Medio Ambiente e Augas de Galicia para que investigue estes feitos. Os expedientes por delito ambiental están en curso e o PP apunta ao Concello de Dumbría como promotor dunhas obras para un acontecemento deportivo en Ponte Olveira onde segundo o denunciante usouse maquinaria pesada para desviar a canle do río, retirar cepas de árbores, destruír un tramo de cen metros de ribeira protexida e sobre todo destruír unha colonia dun helecho protexido. O sábado, ecoloxistas de PX, tecnicos de Medio Ambiente e os maiores expertos na especie de Galicia, como Javier Amigo da USC ou a descubridora da especie María Inmaculada Romeu, visitaron o lugar dos feitos. Amigo indicou que a actuación era grave, e no lugar recolleu dúas bolsas de helechos mortos, confirmando que mais de 200 exemplares foran destruídos. Amigo informou que esta especie é única de Galicia, e só hai dúas zonas, no Alto Miño preto de Lugo e na Costa da Morte, en concreto nos ríos Xallas, Grande do Porto, castro e unha pequena presenza no Anllóns na zona de Coristanco pero a maior colonia de Galicia Costa é a de Ponte Olveira no Xallas, a que resulto afectada. Margarita Romeu pola súa banda reclama un censo botánico da especie nesta zona, e di que a especie é de moi difícil repoboación xa que ten esporas masculinas e femininas e os exemplares téñense que atopar valéndose das correntes do río, un proceso lento, complicado e que tamén se pon en perigo coa instalación duns grandes bloques na zona que desvían a corrente fluvial. Romeu indicou que o maior experto en helechos de Europa o francés estivo o ano pasado no Xallas para fotografar a especia e tomar fotos doutras dúas especies fluviais endémicas galegas. Segundo Ramiro Igrexas a "Isoetes Fluitans" está declarada en perigo de extinción no catálogo galego de especies protexidas e como especie en perigo no atlas AFA, lista vermella española, e é unha especie moi escasa e endémica en Galicia, protexida polas leis vixentes e en catálogos internacionais, sendo citada en 2004 en The Linnean Society of London, Botanical Journal of the Linnean Society, 2004, 146, 231"236. Novas relacionadas Fonte - Comunicado do grupo ecoloxista da Ponte do Porto PX.
|