Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
“Nenu, Que mala es la Dronga”  Correo-e
sábado, 26 de septiembre do 2009

Non quero ser malinterpretado nin coas miñas próximas palabras pretendo faltar o respeto de ningún líder, voceiro, representante, concelleiro ou rexedor, ou calesquera cargo do Partido Popular, pero creo que merece unhas liñas a actitude reflectida nos medios este venres, porque a ciencia ficción é un estilo literario e non, para nada, unha formula informativa. O gran.

No que levamos de dia levo escoitado a varios lideres deste partido poñer en dubida; a estrutura democrática do estado, as institucións publicas, o Ministerio do Interior, o Ministro, a Policía Nacional, a ducias de historiadores, a historia en xeral e a realidade física planetaria, todo en cuestión de poucas horas. E, ou ben se trata dunha perigosa enfermidade que so afecta os lideres da dereita, ou ben se trata dunha adulteración nalgún tipo de sustancia inxerida por eses voceiros. Outra explicación non vexo. Imos ver.

O da Gurtell cheira que fede pero, sen quere caer dun bando, o do PSOE, quero matizar que cando un fulano sae dun banco e leva nas mans unha pistola, unha saca chea de cartos que antes estaban na caixa forte do banco, unha mascara estilo “Los Ampones de Disney” (destas negras tipo antifaz) e unha Palanqueta ou “Pata de Cabra” (en argot), ou é o ladrón ou ten un enorme problema de credibilidade diante da policía que o persegue. Este é o mundo real. No mundo dos populares, pode ser que todas esas cousas llas puxera nas mans Rubalcaba. Pero no mundo real, non o dubiden, ese é o ladrón. O mellor é bo fulano, pero roubou o banco. Claro...cristalino.

Outra. O 18 de Xullo de 1936 un grupo de militares iniciaron un golpe de estado que levou o país a unha guerra civil e posteriormente a case 40 anos de ditadura militar. DE aqueles militares saíu a herdanza da que naceu o Partido Popular. Fin da cita histórica.

Non foron todos os culpables, foron so os golpistas. Non todos sufriron represión, so os derrotados, os de esquerdas e defensores da legalidade democrática. Non todos foron redimidos da persecución política sufrida, so os da dereita, so os vencedores. Non a todos lle deron cristiana sepultura despois de finalizada a guerra, so os falecidos do bando gañador que foron asasinados. Os do bando derrotado seguen nas cunetas, moitos, setenta anos despois. E non, non todos somos iguais. Algúns temos memoria.

Como dicía un coñecido mentres axentes da Benemérita o levaban detido por posesión de estupefacientes...”Nenu, que mala es la Dronga”. Pois iso.... a coidarse.

  • José Luis Louzán.

Novas relacionadas

Columnas anterioires

Máis información

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com