|
Un partido máis e o Cabana xuvenil continúa aprendendo na nova categoría. Victoria - Cabana (4-1) - CABANA: Bonano, Óscar (Chuky, min.84), Edgar, Diego Fariña (Amable, min.84), Fabián, Mayor, Sandro, Diego Varela, Alberto (José, min.55), Iván (Uru, min.65) e Basti
- Goles: 1-0, min.23: Miguelón. 1-1, min.30: Mayor; 2-1, min.42: Brais Rivera; 3-1, min.67: Manu; 4-1, min.77: Lucas.
- Árbitro: González Arévalo
O debutante Cabana parece condenado a aprender e coller experiencia na Liga Galega Xuvenil a base de paos. No encontro do sábado, o conxunto costeiro deixou unha hora de boas sensacións e outra media para olvidar, fronte a un teórica candidato ao ascenso como o Victoria. Debe entenderse este Cabana como radicalmente oposto por proxecto, xogadores e natureza ao que o pasado curso arrasou na Costa da Morte. Por iso, en pleno proceso de construción, parece que perdeu momentaneamente a alegría de entonces. Defendeu como puido (pero faltáronlle centímetros) ante un Victoria movido pola forza en ataque de Miguelón Taibo e o desequilibrio de Brais Rivera. Os visitantes pasaron moitos apuros con balóns ás costas da zaga e, nun deles, Miguelón encontrou un oco entre os zagueiros cabaneses e cruzou o balón lexos de Bonano. Non se amilanou o Cabana, que aínda que non variou o 4-1-4-1, encontrou profundidade nas boas maneiras ofensivas de Basti de la Sierra. Sen embargo, foi outro ex do Soneira, Mayor, o que cun toque de clase superou á zaga local e ao meta Javi para igualar á media hora de encontro.Vemos a escena do gol na fotografía. Non obstante, os erros defensivos acabarían por condenar ao Cabana de aí ao final. Na xogada anterior ao descanso, Brais Rivera aproveitou un balón morto que deixou a zaga cabanesa para fusilar a Bonano. No segundo acto, aínda que o Cabana apretou e gozou de ocasións ao comezo, novamente a fraxilidade defensiva foi determinante Ligas Galegas base Novas relacionadasMáis novas Máis información Fonte - Redacción de Deportes de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
- Fotografía do Depor Sport.
|