Venres, 30 de xulio do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O BNG de Corcubión pide información veraz para o pobo sobre o proxecto da praia  Correo-e
jueves, 01 de octubre do 2009

Image

O chamado "proxecto de rexeneración da praia de Corcubión" segue en boca de toda a xente do pobo. A falta de información é un dos males que afecta ao proxecto, sobre o cal moita xente non ten unha opinión persoal, senón que opina segundo o bando ao que pertenza. Este é un dos cabalos de batalla do colectivo en defensa da ría, que está a organizar unhas xornadas informativas.

Tamén o Concello está a organizar unhas xornadas, e xa sinalou que logo pulsará o pensar do pobo a través dunha consulta porta con porta. Un método que para o BNG "están encamiñadas a coaccionar aos veciños". Ante esta circunstancia é agora o BNG local o que solicita información veraz. Así, o voceiro Oscar Insua afirma que ”é necesario que a xente estea totalmente informada, para que poida adoptar unha decisión independiente, xusta, transparente e non coaccionada".

Propostas e denuncias

O BNG lembra as súas propostas alternativas, que a día de hoxe non se debatiron nunha mesa, como a reforma da praia de santa Isabel (vemos na foto a zona), a ampliación da praia de Quenxe, ou o remate da unión do paseo marítimo con Cee.

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com