Mércores, 10 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Unicamente naquel lugar  Correo-e
viernes, 02 de octubre do 2009

Quen nestes días pasee pola fantástica e carísima nova praza que estrea dende hai uns meses o Concello de Cee na zona do Concello atopara situadas o pe das prazas de aparcamento dous sinais de zona azul. Dous sinais que indican que, nalgún momento nas vindeiras datas vaise cobrar o estacionamento nese lugar. Un adianto, dirán algúns, un gasto, dirán outros, un atraco indicaran os últimos. Eu, vouno dicir xa de entrada, estou a favor... pero con matices.

Cee vive unha reordenación urbana salvaxe dende hai máis dunha década. A razón primordial, dígase o que se diga, foi beneficiar a un grupo minoritario de particulares (negociantes, promotores e empresarios) ofertándolle unha situación xeográfica privilexiada aos seus comercios ou propiedades (a que sitúa o Centro Comercial como “o centro” da vila) a base de reordenar unha zona que, ben e verdade, carecía da mais mínima urbanización, colocando o redor dese suposto “centro” todos cantos servizos esenciais fora preciso ata conseguir que so as propiedades inmobiliarias sitas nese lugar gozaran dun valor moito maior e distintivo con respecto as do resto da vila. Isto é así, aínda que se argumente en contra que non son tan listos os implicados. Ben, eu digo que si o foron, e a proba se sustancia na citada praza.

Co fin de, supostamente, “humanizar” unha praza ateigada tradicionalmente de coches se teñen soterrado nesta praza cartos e mais cartos ata conseguir un entorno libre de vehículos (semi-libre, engado eu) e con certo carácter publico (bancos onde sentar, iluminación artística, tal vez unha fonte...). Un espazo nada versátil, que so serve a ese fin suposto de poder estar nel, soltar os nenos sen riscos de atropelo e facer mais interesantes os negocios que rodean o espazo, que antes custaba un ollo da cara e agora... custaran os dous, supoño.

Pero éche aquí que a crise, que a todos confunde pero que fai “flotar” ata a ultima pinga de lixo que quedara no fondo, fai posible regular de xeito realista o espazo de aparcamento. Onde antes non ia haber coches, ou so de paso e a velocidade mais que moderada, agora, directamente, van aparcar pagando. Onde “humanizabamos” agora “humanizamos pagando”, dando pe a pensar ¿porque non se fixo o mesmo, por exemplo, na Praza da Constitución?. O espazo xa estaba humanizado por unha rúa peatonal, debidamente acotada con maceteiros de forxa ornamental, ten arbores centenarias propias, sen necesidade de poñelas novas, e aínda así se ve obrigada a sufrir o constante paso de vehículos de tódalas clases e a todas as velocidades. Aquí, ademais, onde si se celebra o mercado dominical sería fantástico poder, por exemplo, acotar unha zona a veciños e residentes para que aparcasen o seu vehículo sen problemas e con garantías, sacando do centro de Cee unha boa parte do trafico antinatural que soporta a diario. Pero no....

  • José Luis Louzán.

Novas relacionadas

Columnas anterioires

Máis información

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com