Venres, 30 de xulio do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Sesión práctica de sostibilidade en Mar de Lira  Correo-e
lunes, 05 de octubre do 2009

Image

O pasado venres 2 de outubro, membros do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA) realizaron unha solta de 1.300 alevíns de lubrigante nas augas da praia do Mar de Lira. Foron varios buzos os que dende a embarcación local Os Pepes soltaron os exemplares. A medida encádrase no Plan de Repoboación de Especies Mariñas, que continúa a Consellería do Mar. O obxectivo deste plan é a recuperación das pesquerías más castigadas. Pero esta solta non só servíu para iso.

Xornada informativa

Moi interesante a proposta do IGAFA de facer da solta dos alevíns unha xornada formativa para os cativos da escola infantil de Portocubelo e do segundo curso do ciclo formativo de produción acuícola do Igafa. Un xeito práctico de educar na sostibilidade e respecto polos valores do mar dende ben abaixo.

Foi Jose Carlos Mariño, técnico do Igafa, quen explicou o plan aos alumnos, e aos que lles ensinou os exemplares que “son cultivados no laboratorio antes de ser marcados e alcanzar a talla suficiente para ser liberados”. Os lumbrigantes liberados medían 6 cm de lonxitude e pesaban uns 5 gramos.

Image 

Controis de poboación

Os exemplares liberados levan unha etiqueta magnética codificada que se introduce no seu interior co fin de facer un seguimento. Así, cando un mariñeiro pesca un exemplar avisa aos técnicos da reserva mariña. A través dun detector que le a etiqueta os técnicos comproban se se trata dun exemplar de repoboación.

Se é así e o exemplar é pequeno devólvese ao mar e se lle fai un agasallo ao mariñeiro. Se pola contra acada a talla comercial (8,5 cm de lonxitude do caparazón) mércase ao prezo mais alto da lonxa ese día.

Historial do Plan de Repoboación

Dende que o Plan de Repoboación se puxo en marcha en 2005 soltáronse 37.000 exemplares de rodaballo e, contando cos de hoxe, 15.420 xuvenís de lumbrigante.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Consellería do Mar.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com