Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
"Na Reserva Mariña estamos notando un 80% de aumento da produción de percebe"  Correo-e
miércoles, 07 de octubre do 2009

Image

Non é causalidade a participación do Patrón Maior de Lira, Juan Manuel Gómez Leis (vémolo no centro da imaxe) e de Cedeira, Agustín Pérez Pernas, no Taller celebrado en Bruxelas a pasada semana. Tratábase dun taller no que os responsables dos pósitos de toda Europa con algo que contar sobre sostibilidade compartisen ideas sobre a reforma da Politica Común de Pesca.

Falamos con Juan Manuel para que nos conte que se debate nestes foros europeos e para pulsar a voz costeira no continente. O patrón participou, fundamentalmente para contar a experiencia da confraría carnotá cos proxectos tan sinalados como a Reserva Mariña dos Miñarzos, o Turismo mariñeiro e a recuperación dos valores tradicionais e posta en valor da profesión de mariñeiro. Pero non quedaron aí as propostas do patrón máis internacional da bisbarra, xa que levaba unha serie de reivindicacións do seu pósito que foron tomadas moi en consideración no foro.

Recuperación da Pesca Artesanal

Un dos puntos nos que máis afondou Gómez Leis foi a inclusión da pesca artesanal no Libro Verde sobre política marítima, que prepara a UE, edo que sairá unha renovación en decembro. Este libro pretende ser unha guía sostible das prácticas pesqueiras, pero sorprendentemente non tiñan en consideración dous puntos fundamentais.

Para recordalos estaba alí o noso patrón, para traer as propostas chegadas dende a confraría. O primeiro é o concepto de Pesca Artesanal, xa que no libro só están recollidos a baixura e a altura. Para Gómez Leis é primordial recuperar os valores da pesca artesanal coma o palangre, o cordel... "Non estamos en contra da modernización, nin moito menos, pero non se pode perder a tradición mariñeira da pesca artesanal", afirma o patrón.

Outro punto de disconformidade dende o pósito é a falta de recoñecemento no Libro ás mariscadoras, percebeiras, e demais mulleres que fan do mar unha realidade social indispensable para este país e para outras moitas culturas mariñeiras.

Reserva Mariña

Sen dúbida, é a Reserva un dos puntos fundamentais que fan da Confraría de Lira un exemplo en toda Europa. De feito, "nun comezo non quería ninguén, e agora xa hai unha aprobada en Cedeira e tamén queren en Aguiño, Muros ou mesmo Camelle", apunta Gómez Leis.

Un dos mellores exemplos vímolos esta fin de semana coa repoboación de lubrigante, que servíu ademais de sesión formativa practica para os cativos da escola de Portocubelo e do IGAFA.

E as cifras falan ademais, "estase demostrando que o pulpo dase mellor arredor das reservas integrais. E aquí estamos notando un 80% de aumento da produción de percebe", apunta.

Conclusión moi positiva con matices

Outra das ideas que quixo deixar claro o patrón maior foi unha clara crítica a estes foros. Das 70 persoas que participaban, chegadas de 12 países, tan só 4, contando co patrón, eran mariñeiros. "Moitos biólogos, secretarios... pero falta a voz da redeira da percebeira, do mariñeiro de a pé", sentencia Gómez Leis.

Con todo, o patrón queda cunha "conclusión moi positiva", xa que estes foros serven para intercambiar opinión, e dun xeito real. Ademais, escoitaron que a Ministra Elena Espinosa recibía seguidas chamadas dun delegado europeo preguntando polos proxectos da Confraría de Lira, algo que enche de orgullo aos carnotáns, e que demostra que van polo bo camiño.

Visita de Adena

Pero a presencia en Europa non foi a única boa nova do pósito carnotán desta fin de semana. Varios socios voluntarios de WWF-Adena, unha das asociacións internacionais que está axudando os proxectos de Lira, pasaron a visitar as instalacións e a coñecer de preto os proxectos.

Non cabe dúbida de que seguirán aportando fondos para que todos se leven a cabo logo da boa impresión que lle causaron os membros da Confraría de Lira e como se están a desenvolver os proxectos.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com