Venres, 05 de nadal do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Conversa con Manuel Muíño, alcalde de Zas  Correo-e
martes, 09 de octubre do 2007

Image 

O pasado venres 5 de outubro de 2007, o alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín, "Lolo", respostaba a varias preguntas que lle faciamos dende a redacción de Que pasa na Costa sobre a actualidade do concello zaense.

A conversa nacía pola visita da delegada de Cultura da Deputación da Coruña, para comprobar o estado e a cuantía das infraestruturas culturais e deportivas do concello. Ademais, a delegada visitou ás distintas Asociacións Culturais e Deportivas do concello para escoitar dun xeito máis que diplomático, como comentaba Lolo, as súas necesidades.

A delegada visitou as Torres do Allo e quedou cunha impresión global bastante boa sobre o equipamento e as infraestruturas culturais e deportivas do concello.

A demorada galescola

A apertura da galescola de Zas vaise demorando cada vez máis. Comentabamos a primeiros de setembro os problemas para comezar as actividades, que se debían e aínda se deben, á falta de persoal.

Isto non é un problema do Concello, como asegura Lolo, xa que depende do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar dependente da Vicepresidencia da Xunta e encarrexada da selección de persoal. Apesar disto, na páxina de selección de persoal do Consorcio, onde se atopan todan as galescolas do país, resulta que a de Zas non aparece, non é posible presentar o currículo.

Así, segundo asegura o alcalde, as ifraestruturas e as matrículas xa están todas feitas e preparadas, agardandoque o persoal necesario sexa contratado para, cando menos, a terceira semana de outubro.

Polémica coa ITV

A petición da ITV polos populares de Vimianzo non quita o sono a Lolo. Se fora un goberno e non unha señora pola súa conta, que trata de facer un pouco ruido pois se cadra aínda respostaría ás peticións da voceira do PP de Vimianzo, Carmen Borbujo. Así, asegura que o concello non está paracontestar claquera proposta con ou sen sentido da oposición

Lolo apuntou que os representantes do sector automobilístico de Baio, entre os que se atopan varios dos organizadores de Feirauto, xa propuxeran hai máis dun ano o proxecto da ITV, cousa que o concello simplemente reactiva nestes intres.

Lolo fixo incapé e que se lle preguntase ao PP de Zas e o de Santa Comba, que non dixeron nin unha palabra dende que comezou as disputas. El asegura que nos atopamos ante unha estratexia do PP dentro da bisbarra que o único que vai conseguir é o fomento das rivalidades entre concellos.

O primeiro concello coa Televisión Dixital Terrestre

O concello xa faluo con Retegal para a colocación das antenas repetidoras, pero aínda quedan varios puntos negros onde non se collería. para solucionar este tema, xa están en marcha a colocación dun micro-reemisores dixitais que colocados estratéxicamente nos puntos negros conseguirá ofrecer unha boa cobertura a todo o concello.

Así, tras unha conversa co Director Xeral de Audiovisual da Xunta, chegouse a un acordo polo que a mediados de 2008 a TDT aterrará en Zas, sendo deste xeito o primeiro concello da bisbarra con este servizo.

O Plan Xeral de Ordenación Municipal

Como non, unha pregunta era obrigada. Un tema que ao alcalde xa lle trouxo bastante dolor de cabeza pero que é de vital importancia para o desenvolvemento do concello.

Logo dunha conversa co Director Xeral de Urbanismo para aclarar as correccións que a Xunta obriga facer na proposta inicial do PXOM presentada polo concello, o alcalde vai convocar un pleno para a semana que ven onde se aprobarán os cambios. Todo isto coa intención de presentar o novo proxecto nun mes, mes e medio.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de Que pasa na Costa.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com