|

Xa van unha cantas presentacións pola bisbarra pero é que o libro merece a pena. "Escapado. Do monte do Pindo ao exilio pasando pola illa de San Simón", a novela de Luis Lamela, será presentada tamén na vila de Corcubión, logo de pasar, por suposto, polo Pindo e máis por Fisterra. O acto, organizado pola concellaría de Cultura e Deportes do Concello, contará coa participación do alcalde Francisco Javier Lema Fuentes e o autor Luis Lamela, e terá lugar o vernes, día 16 de outubro na Casa de Cultura, ás 20:00h. A novela A novela, “Escapado”, recupera a dura e tráxica aventura vivida por decenas de mozos da comarca, que, a partir de xullo de 1936 buscaron no monte do Pindo a súa táboa de salvación, converténdose co tempo para moitos deles, nun imaxinario sudario. Nas páxinas do sinalado libro tamén son protagonistas importantes varios personaxes fisterráns, de orixe ou de adopción, como foron José Sar (a) O Cachán -de orixe muxián-, Antonio García Canosa, Juan e José Díaz Lobelos (a) Pepe de Xan, Ramón Lamela Marcote, José Insua Papín, Ramón García (a) Do Xapiño..., escenificándose para o primeiro o seu cativerio na illa de San Simón; para os irmáns Díaz Lobelos a súa fuxida en barco desde Fisterra a terras asturianas, e para os restantes, a súa deserción do exército nacional para pasar ao republicano e a traxedia para todos eles dunha guerra civil que cambiou terriblemente as súas vidas para sempre, uns co inestinguible exilio e outros, caso de Lamela Marcote, co seu falecemento no campo de exterminio austriaco de Mauthausen. Novas relacionadas O protagonista foi o Monte Pindo. Máis información Fonte - Redacción de Deportes de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
- Fotografía de Marcos Rodríguez.
|