Luns, 08 de setembro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Salvemos ao burro galego  Correo-e
miércoles, 10 de octubre do 2007

Burro Fariñeiro 

Baixo o lema Burros fariñeiros, habelos hainos, unha parella de Muxía e mais os seus dous fillos, levan a cabo unha iniciativa, xa en proceso de estudio por parte da Xunta, que pretende recuperar o concepto de raza do Burro galego.

Como xa se fixera co Porco Celta e como dende os anos 70 ven sucedendo coas outras razas da península, a creación do libro de raza é o primeiro paso para definir as características que animal debe cumprir para ser considerado burro galego ou burro fariñeiro. A necesidade pois da creación do libro de raza é inmediata, e mentres non exista, ningún burro pode ser considerado como tal.

En realidade, este dous termos son xeitos de chamar á mesma raza de burro, pero o nome de fariñeiro nace do xeito contrario, nace da traballo que facía este animal cargando o cereal de arriba para abaixo. As outras razas do resto do estado teñen nomes xeográficos que surxen da zona de orixe de cada tipo.

Razas españolas xa recoñecidas

Catro son as razas de asno que están recoñecidas en España. O zamorano-leonés, o catalán, o cordobés-andaluz e o mallorquín. Tamén atopamos o Asno das Encantacións, de orixe vasco e tamén chamado asno vasco, malia que se atopa en proceso de aprobación do libro de raza ao igual que o galego.

Estas razas comezaron a ser estudiadas alá polos anos 50 para ter xa recoñecido o libro de raza que determina as características da mesma cara os anos 70. Aquí, parece que falta pouco se facemos caso das verbas da Xunta e da tencidade desta familia de Muxía.

Características do asno galego

ImageSegundo varios estudios que recollen as principais características que fan do burro fariñeiro unha raza especial, topamos cun animal de temperamento noble, dócil, activo e curioso, aínda que esta sexa unha característica moi difícil de definir. A alzada á grupa (a altura da parte traseira) é máis alta que a alzada á cruz (a altura da cruz, a parte de arriba do pescozo, onde se cruzan as marcas escuras na parte posterior do burro e que vemos con claridade no corpo de Teresón, na primeira foto) o que o fai subcóncavo. Ambas alzadas andan entre 1 metro e 1.20m, sendo esta unha altura bastante baixa en comapración co resto de razas. Do mesmo xeito, o peso, arredor dos 150 quilogramos tamén é un peso relativamente baixo.

As orellas son outro dos puntos máis particulares do noso asno, sendo bastantes grandes en comparación cunha cabeza máis ben pequena, e peludas pola cara interna. O tronco soe adquirir diferentes tonos grises e as crines son xeralmente pouco poboadas e soen estar erguidas.

ImageVemos na imaxe a Federica, esta burrita que agora reside en Muxía e que cumpre tódolos requisitos para ser un Burro Galego

Personalidades

Un dos detalles que fan deste burro, non só do fariñeiro, un animal encantador, é a personalidade que teñen. Son tan parecidos a nós que mesmo coidándoos vas atopando semellanzas con aquel amigo, ou aquel parente, e xa non se sabe quen era máis cabezón, se o burro ou o amigo.

Así, haberá que apoiar esta tentativa para a recuperación dunha, digamos, denominación de orixe para o nos burriño. En Galicia existe unha Asociación de Burros Fariñeiros (ABUFA), pero que non se encarrexa da cría. A necesidade de crear un sitio para a cría de burro fariñeiro é imperiosa, xa que a quedan poucos que poidan ser considerados de pura raza, xa que moitos deles serviron para facer mulas, e outros moitos foron cruzados con asnos zamoranos que chegaban de Castilla, como é o caso de Teresón, e que son animais máis fortes e robustos, mellores se cadra para o traballo do campo.

Arquivo fotográfico

A comentada familia de Muxía trata de crear un arquivo ou galería fotográfica con imaxes de hoxe e de onte. Para isto, solicita a todos aqueles que teñan na casa calquera tipo de imaxe relacionada co burro galego que manden ditas fotos ao seguinte correo electrónico coa posibilidade tamén de dixitalizar fotos vellas que anden por casa. Para poñerse en contacto: Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver

Agradecemos e damos os nosos meirandes parabéns a esta familia de Muxía, Roberto R. Yagüe, Teresa Polanco e mailos fillos Javi e Luna, pola súa encomiable laboura.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de Que pasa na Costa.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com