Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Baile, blues, porco celta e moito teatro para esta fin de semana  Correo-e
viernes, 16 de octubre do 2009

O outono xa chegou e as citas culturais van reducíndose. É agora o teatro quen toma o relevo das festas, e son moitas as representacións que se farán ao longo desta fin de semana na Costa. Ademais, salientamos a iniciativa cabanesa de recuperar o Salón Social. Esta fin de semana toca baile en Silvarredonda.

Cabana recupera os salóns sociais

Este domingo 18 de outubro, o local social da parroquia cabanesa de Silvarredonda, convertirase de novo nun daqueles vellos salóns do rural. A partir das 18:00 da tarde comezarán as actividades, xoa proxección audiovisual "Os salóns de baile en Cabana de Bergantiños".

De seguido, e para poñer en práctica o aprendido, teremos sesión de Baile de Salón con "Quen (Mos) Queira". E non faltará a regueifa, da man de 3 dos 4 regueifeiros da zona aínda en activo: Suso de Xornes, Fermín da Feira Nova e Guillermo da Rabadeira.

Para completar a cita, poderase disfrutar da exposición fotográfica itinerrrante "Os salóns de baile en Cabana de Bergantiños"

Charlas técnicas e degustación sobre o Porco Celta en Corcubión

Image 

Este sábado, 17 de outubro, ás 20.30 horas na Casa de Cultura de Corcubión, terá lugar unhas charlas técnicas sobre a produción e rendabilidade do Porco Celta. A sesión está organizada pola Asociación de Amigos do Porco Celta da Costa da Morte.

E como non podía ser doutro xeito, as charlas vense acompañadas dunha degustación gratuita de produtos de porco celta ao final das charlas.

Volta o blues ao Ézaro

Image 

E quen se non. Os Bakin´Blues volven ao Praoa do Ézaro, igual que o fixeran no pasado San Xoán, para traer o mellor blues do país á Costa.

A cita será este venres 16 de outubro de 2009, no Praia do Ézaro, ese local que tenta convertiirse en referente musical da bisbarra.

Talía Teatro en Vimianzo

Image 

Este domingo 18 de outubro, o Auditoria da Casa da Cultura de Vimianzo acolle a representación da obra de Talía Teatro "Palabras encadeadas". Cómpre non perdela.

Badius Teatro achégase a Brantuas

Volta o grupo de teatro Badius á escena, e o fai coa súa última obra, que vai mellor que nunca nestes eternos tempos de crise. "Bancagare, sucursal nº13" é unha dura sátira sobre o que sería unha suposta "Banca Galega Reunificada", cansada de roubar e xa non mexar, cagar por riba de nós.

Esta semana actuarán en Brantuas, o sábado 17 de outubro as 21:00h.

Teatro afeccionado en Laxe

Este venres día 16 ás 21:00 horas no Salón de Actos, a propia Escola Municipal de Teatro de Laxe, co espectáculo "Terra de Ninguén", no que actuarán os alumnos e alumnas do ano anterior cuias idades van dende os 10 aos 40 anos, sendo esta unha actividade na que a convivencia entre xeracións presenta un punto moi positivo ao seu desenvolvimento.

Teatro de ningures en Cee

Este sábado 17 de outubro no Outono Cultural contaremos coa compañía Teatro de Ningures e o seu novo espectáculo

Será. coma sempre ás 20.30 horas no Salón de Actos do Concello. Entradas a 2.5 e 1.5 euros.

Presentación da novela Escapado de Luis Lamela en Corcubión

A novela "Escapado. Do monte do Pindo ao exilio pasando pola illa de San Simón" será presentada en Corcubión. O acto, organizado pola concellaría de Cultura e Deportes do Concello, contará coa participación do alcalde Francisco Javier Lema Fuentes e o autor Luis Lamela, e terá lugar o vernes, día 16 de outubro na Casa de Cultura, ás 20:00h.

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com