|
Olvidando o tapper de mamá |
Correo-e
|
|
jueves, 22 de octubre do 2009 |
 A mocidade dumbriesa xa non terá que levar o tapper a Santiago ou a Coruña cada semana, con estas clases de cociña rápida para a xuventude. Aínda quedan unhas semanas pero o Centro Social de Dumbría prepárase para acoller o novedoso Taller de supervivenvia para mozos e mozas entre 14 e 35 anos. Aí vemos aos rapaces dos institutos de Cee, que o ano pasado aprendían de forma amena e divertida a organizarse na compra, limpeza, alimentación e cociña básica. A cita será o venres, 6 de novembro de 16:00 a 19:00 da tarde e mais o sábado, 7 de novembro de 10:00 da mañá á 13:00 da tarde. Obxectivos O obradoiro ten como obxetivos: o de incentivar a corresponsabilidade de tarefas na xente nova, a superación de roles de xénero, impulsar unha cooperación máis equilibrada no ámbito doméstico e familiar. Inscrición A Inscrición pódese realizar ata o 30 de outubro nas oficinas municipais, ou cahmando ao: 981 74 40 01 de 8 a 15 h. Novas relacionadas Fonte
|