Venres, 12 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Lingua, cogumelos, paella e moito teatro  Correo-e
viernes, 23 de octubre do 2009

Outono da Lingua en Cerqueda

O concello malpicán prepárase para a festa do Outono da lingua en Cerqueda. Da man das asociacións Monte d’Arxa (de Cerqueda, Malpica) e Monte Branco (do Couto, Ponteceso), a festa do Outono da Lingua deste domingo servirá para homenaxear ao regueifeiro Celestrino, para facer un magosto e unha macro-regueifa. A cita será o vindeiro domingo día 25 de outubro no local sociocultural das Pozacas.

VI Festival de Corais de Outono de Malpica

Esta sábado, 24 de outubro de 2009, o Auditorio do Centro Cívico acollerá a partir das 20:00 h. o VI FEstival de Corais de Outono de Malpica. A organización corre a cargo da A.C. A Tralla, A.P.R. O fieital, A.M.R.A Mar da Illa, do Concello de Malpica e mais da Deputación Provincial da Coruña.

As corais participantes serán o Coro de Oleiros, Coro da S. C. A Traiña de Cariño e Coral de Malpica.

Manolo Escobar en Cerqueda

E para completar a fin de semana malpicán, o sábado pola noite hai concerto da man, nada menos, que de Manolo Escobar. O fará no Resturante Aldeloa, xunto a Los Trovadores.

Recuperando os Salóns Socias das parroquias de Cabana

Este domingo 25 de outubro toca recuperar o Local da Medoña, na parroquia de Anos e mais no Local Social de Cundíns. As citas estarán amenizadas polo Grupo de Danza e Danza Tradicional Arume de Verdillo e polos Gaiteiros de Anos.

Teatro del Andamio en CeeImage

A compañía Teatro del Andamio chega a Cee coas súas "Pingueiras e tarteiras". A cita é o sábado ás 20:00h, no Salón de Actos do Concello, co entradas a 2,5 euros e 1,5 para nenos e pensionistas.

Máis Teatro del Andamio en Vimianzo

O domingo repite a compañía, pero para representar a obra "A Preguiza". Será no Auditorio da Casa de Cultura de Vimianzo, ás 20:00h.

Comedia Bífica no Mota de Laxe

Segunda cita da Mostra de Teatro Afeccionado de Laxe. Este sábado 24 outubro, ás 18:00 horas achégase a Laxe a compañía Ateaco (A Coruña), coa obra Comedia Bífida.

Teatro clown en Sardiñeiro

Image 

Este sábado 24 de outubro de 2009, a Casa da Cultura de Sardiñeiro acolle ás 19:00h a actuación da compañía "Os sete magníficos + 1". A obra representada será "2 pallasos en apuros". A cita está organizada polo Departamento de Cultura do Concello Fisterrán.

As verdadeiras protagonistas desta produción clown son a tolemia e a improvisación que despregan no escenario os dous protagonistas. Dende o seu rompedor inicio, sucédense as situacións máis ridículas e divertidas na procura da gargallada do público.

Festa da Paella Fisterrá

Ademais, as citas en Fisterra continúan o propio sábado 24 de outubro ás 21:30h coa tradicional Festa da Paellá Fisterrá que organiza o Casino. O prezo para comer será de 5€ e terá lugar no local social da entidade e logo haberá un animado baile.

Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia dende FisterraImage

O domingo, 25 de outubro ás 9:00 no Faro de Fisterra comeza a Ruta galego-portuguesa desta Marcha pola Paz. Unha ruta polos países galego portugueses coa Paz como bandeira.

Xornada micolóxica en Coristanco

O Centro EFA Fonteboa, en Coristanco, da man da Asociación Deportivo-Cultural "Ponte Lubián", organiza as 2ª Xornadas de Micoloxía en Coristanco.

A cita será os días 23 e 24 de outubro. O venres toca charla, e que mellor poñente, que o o coñecido José Manuel Marcote, da Asociación "Pan de Raposo", un dos mellores especialistas de toda a península que será en breve colaborador deste diario.

Para o sábado toca saída, dende ás 10:00h, e a partir da 13:00, selección das mellores e a xantar!!

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com