Venres, 30 de xulio do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O PSOE comarcal critica a redución de orzamento para a Costa  Correo-e
lunes, 26 de octubre do 2009

Facíamos a semana pasada un pequeno resumo dos orzamentos do goberno da Xunta para a Costa da Morte, incluíndo as cousas que hai e as que non hai, ademais dunha valoración sobre a postura da oposición.

Uns orzamentos sobre os que tamén opinaba a Federeación de Empresarios da Costa da Morte, que facía fincapé na necesidade de mellorar en materia de comunicación.

Valoracións dos orzamentos en na Sede Comarcal de Cee

"O PP propón unha reducción de case 10 millóns para a Costa da Morte"

Image 

O día 24 de outubro, o PSOE da Costa da Morte, en rolda de prensa dende a súa sede Comarcal de Cee e por medio da Secretaria Xeral dos Socialistas da Costa da Morte e tamén Deputada Autonómica, Marisol Soneira, realizou unha "valoración negativa" das propostas dos primeiros orzamentos da nova Xunta de Galicia presidida polo Partido Popular.

O Partido Popular, por medio do Presidente Feijoo, propón nos orzamentos para o ano 2010, "unha reducción de perto de 10 millóns de euros en investimento na Costa da Morte".

"Copia manipulada"

Para o PSdG, o goberno "manipula os investimentos, cambiando os termos dos mesmos".

Fala o PSdG da VAC, sobre a que se pregunta se "está desaparecida". E pregúntase de igual xeito por que aparecen 5 millóns de euros para a mellora da actual AC-552 Coruña - Cee, ao longo dos anos 2010 e 2011, "facendo sacar conclusións que din que cambiaran a autovía por unha via de alta capacidade. O novo e peor deseño vai a costar un 25 por cento mais que o actual proxecto do goberno de Emilio Pérez Touriño", apunta a oposición.

Pobles recursos

O grupo valora os orzamentos como "miserables coa Costa da Morte", e afirman que chegan ao "desprezo da Xunta de Galicia con nós". Pon exemplos como son "os recursos destinados ao Hospital Comarcal Virxe da Xunqueira de Cee. Con este orzamento significa que o hospital queda estancado, sin un só centimo máis para unha reforma mínima e de urxencia".

Cousas curiosas

O asunto da gratuidade dos libros de texto é algo que tamén critincan os opositores. "Este ano non hai libros de texto de balde, para máis de 200.000 familias en toda Galicia, que terán que pagar de 250 euros e subindo". Resume Marisol Soneira en que "en sanidade, estancados, en educación corenta millóns de euros menos, co que ao final non sabemos para qué é o endebedamento".

Infraestruturas

"Este ano na memoria de Portos de Galicia, non figura ningunha obra asignada a ningún Porto. Grazas que o Porto de Brens, xa estaba en execución, senón xa veríamos", denuncia o PSOE. Con todo, semellla que si que está contempalada unha actuación no porto de Sardiñeiro.

Benestar

A situación de parálise do xeriátrico de Vimianzo é outro dos puntos de crítica. Denuncian así que "mentres que se di que non existen recursos para a residencia de Vimianzo, pública, e de referencia comarcal, enterámosnos que sí existían recursos para facer un centro de día en Carnota".

É por isto que denuncian que o PSOE está favorecendo aos os Concellos que son "amigos do Presidente Feijoo", como é o caso de Carnota.

Vídeos da intervención

Deixámosvos co primeiro vídeo da intervención de Marisol Soneira na valoración do grupo do PSOE sobre os orzamentos. Debaixo están outros dous enlaces a sendos vídeos da intervención:

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PSOE comarcal.
  •  
     

    Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

    Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


    Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



    Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com