Venres, 30 de xulio do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Corcubión debate sobre a praia  Correo-e
lunes, 26 de octubre do 2009

Image

Un dos cabalos de batalla do Colectivo en Defensa da Ría de Corcubión comeza a ser unha realidade. Semella que o pobo xa se pregunta sobre o chamado "proxecto de rexeneración da praia de Corcubión", máis alá das cores políticas ás que estean ligados.

Así demostrou o intenso debate desenvolto na tarde do pasado sábado 24 de outubro de 2009, nas xornadas informativas organizadas polo Colectivo en Defensa da Ría de Corcubión que acolleu a Casa da Cultura corcubionesa. Se ben a maioría dos 80 asistentes (a valoración do colectivo sobre a participación foi moi positiva) eran partidarios do Non á praia, houbo xentes que se achegaron a recibir información, sen ter moi clara a súa postura. Aí estivo a clave do éxito das xornadas.

Agárdase agora que o concello organice outras xornadas deste calibre, nas que varios técnicos poidan informar das posibilidades que creará a actuación.

Intervencións

Image 

Abríu a charla Xabier Calaza (á dereita), membro do Colectivo, que presentou punto a punto as razóns polas que o Colectivo está en contra do proxecto. Calaza fixo fincapé no saneamento da ría, algo polo que o Colectivo está a loitar dende a súa formación.

O Colectivo tamén mostrou a súa disconformidade con Rafaell Eimil, Xefe de Costas e máximo responsable da actuación, o cal non está a ser claro co seu posicionamento.

Calaza finalizou cunha batería de posibles alternativas, que van dende a rfecuperación do entorno de Quenxe, a unión do paseo marítimo con Cee, unha ruta de sendeirismo polo litoral do concello, ou o centro de Día.

O antes e o agora

Falou Antonio Traveso (no centro), funcionario da Xunta, que participaba como veciño de Corcubión e Cee. Antonio fixo un repaso ao Corcubión de antes, o de agora e o que pode chegar a ser. Antonio fixo unha reflexión sobre o concepto rexeneración, asegurando que con esta actuación "non estamos rexeneranado, estamos matando". Antonio volveu a falar do problema dos mariscadores, da area de canteira...e puxo o exemplo da praia de Cee, praia de nova creación sobre a que se preguntou: "Que utilización ten?"

Outro camiño

Pola súa parte, Emilio Louro, Milucho (á esquerda), secretario da Confraría de Lira, explicou que outro camiño é posible. Antes de falar de Lira, Milucho expuxo a súa visión persoal, que non é outra que "unha actuación destas caracteristicas precisa o consenso do pobo".

Puxo datos sobre como o proxecto sostible da Confraría de Lira, malia estar a medio camiño de notarse. "A Reserva Mariña leva 2 anos aprobada e xa notamos melloría malia que en teoría debe notarse a partir dos 3-5 anos". Milucho reseñou que "se dende todos lados nos din que este é o camiño será por algo".

Fixo fincapé na beleza paisaxística e no recursos naturais, que supón un tesouro con respecto a outras moitas sociedades. "O home non pode estragar o que nos dá a natureza", sinalou Milucho, quen deixou claro que ata a hostelería está encantada co proxecto da confraía. Para finalizar, deixou a porta aberta a que se tendas pontes entre a administración local e a plataforma, para atopar solución a esta clase de importantes actuacións.

Intenso debate

Image 

O debate foi moi intenso e as xentes participantes soltáronse e aportaron ideas. Unha das primeiras preguntas ía cara o dato que aporta o proxecto: "O 83% da poboación de Corcubión será beneficiada". Os asistentes realizaron unha reflexión común sobre que turismo visita a bisbarra, se busca esta clase de praias, e se vai ter en realidade un impacto económico na zona.

O proxecto inclúe unha partida de 1.200.000 euros, pero se trata dunha "partida finalista". Ante a pregunta dun veciño de se estes cartos poderían quedar en Corcubión, os poñentes explicaron que se trata dunha partida que só se poderá quedar na vila con este proxecto, e con este proxecto tal e como está redactado, sen posibilidades de modificación.

A situación das 20 mariscadoras tamén foi debatida. Un areal moi produtivo, segundo as mesmas mariscadoras, que tamén forma parte do colectivo, pero que dada a contaminación de Hidrocarburos e Fecais non poden ser consumidos. As compensacións económicas ás mariscadoras só está outorgado de palabra.

Sobre contaminación tamén se volveu sobre os índices de contaminación das augas da ría, que aínda marcan uns 25.000 UFC/100 ml de E.Coli (bacteria fecal), fronte aos 500 permitidos pola normativa da UE para o baño.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa do Colectivo en Defensa da Ría de Corcubión.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com